Susana Teresa Quintás Veloso, nada en 1969, é unha economista e empresaria galega. Tivo unha longa traxectoria en banca como DIrectora Xeral do Banco Pastor e logo como primeira Subdirectora Xeral do Banco Popular e outros cargos no Banco de Santander.

Traxectoria Quintás licenciouse en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e converteuse en auditora do Rexistro Oficial de Auditores de Contas. Posteriormente ingresou na consultoría Deloitte e en 1996 pasou a formar parte do Banco Pastor.

De 1998 a 2002 fíxose cargo da xestión do Instituto de Estudos Económicos de Galicia da Fundación Barrié. Logo entrou a formar parte da dirección do banco como encargada de planificación, control de xestión e relacións con investidores e analistas. En decembro de 2007 foi nomeada subdirectora xeral da entidade, e a finais de setembro de 2011 accedeu á dirección xeral do bancoCV de Susana Quintás , na web do Banco Pastor., días antes de que se anunciase a OPA do Banco Popular sobre ata daquela entidade galega. Como Subidrectora Xeral de Banco Popular, foi responsable de múltiples proxectos de transformación incluída a dixital de todo o mundo de recuperaciones e inmobiliario e liderou varios proxectos de intelixencia artificial. Como experta en Goberno Corporativo, en 2021, foi Directora do Programa de Goberno corporativo da empresa familiar que se imparte en EF Business School A Coruña.

Cando o Banco Popular foi adquirido polo Banco Santander, foi nomeada Directoria de Desenvolvemento de Negocio e levou, en 2017, a carteira máis grande do mundo, chamada Quasar con 30 000 millóns de euros en activos tóxicos.

Foi conselleira en varias empresas como a coñecida 4B, Aliseda SGI, Euroautomatich Cash e Universal Pay e se converteu en experta en goberno corporativo e transformación dixital. Dende 2020, traballa como directora de Metricus, unha proptec británica con presenza global.

É unha referente galega na Asociación Executivas de Galicia e colaborou en columnas e artigos de diversos medios como La Voz de Galicia ou El Economista.

Vida persoal É filla de Juan Ramón Quintás, empresario e banqueiro galego, que foi expresidente da Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA). Está casada e ten dous fillos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog persoal

Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Nados en 1968