O refuxio Roxelio Pereira Muíños, tamén coñecido como refuxio da Ponte, é un refuxio de montaña situado na parroquia da Ponte, no concello da Veiga. Situado no val do Xares, nas proximidades de Pena Trevinca, é propiedade da Federación Galega de Montañismo.

Características O refuxio dispón de dúas amplas liteiras con capacidade para 30 persoas, así como luz eléctrica, auga corrente, ducha de auga quente, calefacción, caixa de urxencias, lugar para cociñar e cheminea.

Véxase tamén Ligazóns externas Refuxios da FGM

Categoría:Refuxios de montaña Categoría:A Veiga