María Luísa Villardefrancos Legrande, nada en Vedra o 12 de outubro de 1915 e finada en Alacant o 20 de xuño de 1975, foi unha escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria Filla de Luís Villardefrancos Calé, empregado municipal e escritor en revistas, e de María de los Dolores Legrande, mestra. Desenvolveu a súa vida en Madrid. Colaborou en El Correo Gallego, na publicación Chicas, nas novelas da "Biblioteca de Chicas" e na radio (nas radionovelas que emitiu a Cadena SER). Foi unha escritora moi coñecida na década dos cincuenta, pero non gozou de recoñecemento nos ámbitos literarios. Destacou por sortear a censura e presentar, baixo unha aparencia de novela rosa, protagonistas femininas actuais, que exercían profesións liberais independentes en escenarios conflitivos como os do Ulster ou os da segunda guerra mundial.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Enrique Martínez Peñaranda (2008) "Biografía de Marisa Villardefrancos" . Biografía en Concepción Cardona Gamio Ediciones Marisa Villardefrancos, esa "muchacha ignorada"

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vedra Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1975