O Tout Puissant Mazembe é un equipo africano de fútbol da cidade congolesa de Lubumbashi, fundado no ano 1939 por monxes beneditinos. Trátase dun dos equipos máis laureados de África, e do único equipo africano que chegou a unha final da Copa Mundial de Clubs da FIFA, en 2010.
O Mazembe xoga os seus encontros no Stade Frederic Kibassa Maliba de Lubumbashi, que ten capacidade para acoller 35.000 persoas.
As cores do equipos son o negro e o branco. A camisola é a raias verticais negras e brancas, os pantalóns son brancos, ó igual que as medias.
Palmarés Torneos nacionais Liga congolesa de fútbol (21): 1966, 1967, 1969, 1976, 1987, 2000, 2001, 2006, 2007, 2009, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016, 2017, 2019, 2020, 2022, 2024, 2026 Copa do Congo (5): 1966, 1967, 1976, 1979, 2000
Torneos internacionais Liga de Campións da CAF (4): 1967, 1968, 2009, 2010 Recopa de África (1): 1980 Supercopa da CAF (2): 2010, 2011
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do TP Mazembe
Mazembe