O Al-Ahly Sporting Club (popularmente Al-Ahly, que significa O Nacional) é un club deportivo de O Cairo, en Exipto, principalmente coñecido polos éxitos da súa sección de fútbol, a máis laureada de África. O club foi fundado en 1907 por un grupo de estudantes nacionalistas que se opoñían á colonización. No ano 2000 foi recoñocido pola CAF como mellor equipo africano do século XX.

As súas cores son o vermello e o branco, sendo vermellas a camisola e as medias, e branco o pantalón.

O Al-Ahly xoga os seus encontros como local no Cairo International Stadium, un recinto multiúsos no que se poden disputar encontros de fútbol ou competicións de atletismo, que ten capacidade para 75.000 seareiros, e no cal tamén teñen a súa localía o seu grande rival, o Zamalek SC, e a Selección de fútbol de Exipto.

Palmarés Títulos nacionais Premier League de Exipto (45) = 1948/1949, 1949/1950, 1950/1951, 1952/1953, 1953/1954, 1955/1956, 1956/1957, 1957/1958, 1958/1959, 1960/1961, 1961/1962, 1974/1975, 1975/1976, 1976/1977, 1978/1979, 1979/1980, 1980/1981, 1981/1982, 1984/1985, 1985،1986, 1986/1987, 1988/1989, 1993/1994, 1994/1995, 1995/1996, 1996/1997, 1997/1998, 1998/1999, 1999/2000, 2004/2005, 2005/2006, 2006/2007, 2007/2008, 2008/2009, 2009/2010, 2010/2011, 2013/14, 2015/16, 2016/17, 2017/18, 2018/19, 2019/20, 2022/23, 2023/24, 2024/25 Copa de Exipto (35) = 1924, 1925, 1927, 1928, 1930, 1931, 1937, 1940, 1942, 1943, 1945, 1946, 1947, 1949, 1950, 1951, 1953, 1956, 1958, 1961, 1966, 1978, 1981, 1983, 1984, 1985, 1989, 1991, 1992, 1993, 1996, 2001, 2003, 2006, 2007 Supercopa de Exipto (6) = 2003, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010

Títulos internacionais Liga de Campións da CAF (7) = 1982, 1987, 2001, 2005, 2006, 2008, 2012, 2020 Recopa de África (4) = 1984, 1985, 1986, 1993 Supercopa da CAF (6) = 2002, 2006, 2007, 2009, 2013, 2021

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Al-Ahly

Categoría:Equipos de fútbol de Exipto Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1907