O Zamalek Sporting Club (popularmente Zamalek), é un club polideportivo de Giza, en Exipto, recoñecido internacionalmente pola súa exitosa sección de fútbol, que é a segunda máis laureada de África. Fundado en 1911 co nome Kasr-El Nil Club, recibiu o seu nome actual en 1952.

As cores do Zamalek son o branco e o vermello, sendo brancas a camiseta, as medias e o pantalón, con 2 franxas vermellas horizontais no peito.

O Zamalek xoga os seus encontros como local no Cairo International Stadium, un recinto multiúsos no que se poden disputar encontros de fútbol ou competicións de atletismo, que ten capacidade para 75.000 seareiros, e no cal tamén teñen a súa localía o seu grande rival, o Al-Ahly SC, e a Selección de fútbol de Exipto.

Palmarés Torneos nacionais Premier League de Exipto (15) = 1960, 1964, 1965, 1978, 1984, 1988, 1992, 1993, 2001, 2003, 2004, 2015, 2021, 2022, 2026 Copa de Exipto (21) = 1922, 1932, 1935, 1938, 1941, 1943, 1944, 1952, 1955, 1957, 1958, 1959, 1960, 1962, 1975, 1977, 1979, 1988, 1999, 2002, 2008 Supercopa de Exipto (2) = 2001, 2002

Torneos internacionais Liga de Campións da CAF (5) = 1984, 1986, 1993, 1996, 2002 Recopa de África (1) = 2000 Supercopa da CAF (3) = 1994, 1997, 2003

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Zamalek

Categoría:Equipos de fútbol de Exipto Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1911