Os Xogos Panamericanos son un evento multideportivos, que ten como base os Xogos Olímpicos e son organizados pola Organización Deportiva Panamericana (ODEPA). Son como unha versión aos Xogos Olímpicos modernos, nos que participan os países do continente americano.
Nos Xogos Panamericanos dispútanse deportes incluídos no Programa Olímpico e outros non disputados en Olimpíadas. Acontecen cada catro anos e, tradicionalmente, seguen unha rotación entre as tres rexións do continente: América do Sur, Central e do Norte. A primeira edición foi realizada en Buenos Aires, capital da Arxentina, en 1951.
Edicións Os Xogos Panamericanos comezáronse a disputar no ano 1951 en Buenos Aires. Dende aquela, os xogos disputáronse ininterrompidamente cada catro anos en cidades de toda América. No ano 1990 houbo un intento de celebrar de Xogos Panamericanos de Inverno, mais non se levaron a cabo.
Verán AnoXogosSedeDatasNaciónsAtletasDeportesEstadio principal1951I Buenos Aires, Arxentina25 de febreiro–9 de marzo212.51318Estadio Monumental1955II Cidade de México, México12–26 de marzo222.58317Estadio Olímpico Universitario1959III Chicago, Estados Unidos27 de agosto– 7 de setembro252.26318Soldier Field1963IV São Paulo, Brasil20 de abril– 5 de maio221.66519Estádio do Pacaembú1967V Winnipeg, Canadá24 de xullo–6 de agosto292.36118Canad Inns Stadium1971VI Calí, Colombia25 de xullo–8 de agosto322.93518Estadio Olímpico Pascual Guerrero1975VII Cidade de México, México12–25 de outubro333.14618Estadio Azteca1979VIII San Xoán, Porto Pico1–15 de xullo343.70022Estadio Hiram Bithorn1983IX Caracas, Venezuela14–29 de agosto363.42623Estadio Olímpico1987X Indianapolis, Estados Unidos7-23 de agosto384.45327Indianapolis Motor Speedway / Hoosier Dome1991XI A Habana, Cuba8-18 de agosto394.51926Estadio Panamericano1995XII Mar del Plata, Arxentina11–26 de marzo425.14434Estadio José María Minella1999XIII Winnipeg, Canadá23 de xullo–8 de agosto425.08334Canad Inns Stadium2003XIV Santo Domingo de Guzmán, República Dominicana1-17 de agosto425.22335Estadio Olímpico Félix Sánchez2007XV Río de Xaneiro, Brasil13–29 de xullo425.63334Maracaná2011XVI Guadalaxara, México14–30 de outubro416.00336Estadio Omnilife2015XVII Toronto, Canadá10-26 de xullo416.135estimado36Rogers Centre2019XVIII Lima, Perú26 de xullo-11 de agostoPor celebrarEstadio Nacional2023XIX Santiago, Chile20 de outubro-5 de novembroPor celebrarEstadio Nacional de Chile
Inverno AnoXogosSedeDatasNaciónsAtletasDeportes1990I Nova Delhi, Arxentina16–22 de setembro8971
Nacións participantes Hai 41 Comités Olímpicos Nacionais recoñecidos para participar nestes xogos.
Medalleiro histórico Véxase o artigo Medalleiro histórico dos Xogos Panamericanos. Verán Posición País Ouro Prata Bronce Total1 1861 1379 932 41722 839 566 527 19323 377 586 733 16964 287 319 460 10665 279 305 407 9916 197 248 460 9157 85 183 257 5258 82 134 195 4119 39 85 133 25710 27 79 121 227
Inverno Posición País Ouro Prata Bronce Total1 4 2 5 112 2 4 1 7
Véxase tamén Ligazóns externas Historia dos Xogos
Categoría:Competicións multideportivas