Francisco Cacharro Gosende, nado en Lugo en 1971, é un político galego que ten integrado diversos partidos.

Traxectoria Fillo do mandatario do PPdeG Francisco Cacharro Pardo, Cacharro Gosende licenciouse en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid. Xa afiliado ao Partido Popular, aprobou unha oposición para ser funcionario do estado. En paralelo, aprobaba outra oposición, neste caso de técnico da Deputación de Ourense, en 1998, que foi posteriormente anulada logo dunhas reclamaciónsSi los cuatro consiguen notas elevadas, el tribunal prevaricaría no aprobándolos, Faro de Vigo, 19/3/2010.. Cacharro Gosende accedeu, en virtude da súa cualificación como funcionario do estado, á praza de vicesecretario xeral da Deputación de Ourense en 2003, unha praza de nova creación. En 2004 accedeu á secretaría xeral logo da xubilación do anterior titularLos mejor pagados , La Voz de Galicia, 8/1/2011..

En 2008 abandonou o Partido Popular e afiliouse a UPyD, formación da que se converteu nun dos rostros visibles na provincia de Lugo. Meses despois abandonaría UPyD para ingresar no Partido de la Libertad Individual (P-Lib), do que foi elixido secretario xeral en 2010Acta del I Congreso del Partido de la Libertad Individual (P-Lib) , web do P-Lib..

Vida persoal Casou con Sonia Rielo en 1999.La Voz de Galicia, Lugo, 9-5-1999, p. 54.

Notas

Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Políticos de UPyD Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid