María Dolores Abuín Martínez, nada en 1928, é unha mestra e política galega.

Traxectoria Con 17 anos sacou a carreira de maxisterio. Casou co Arturo Silva Ruibal, médico en Barrantes. Foi alcaldesa de Valga durante o franquismo e nas primeiras eleccións democráticas alcaldesa de Ribadumia pola UCD. Logo de enviuvar en 1983 decide non continuar na política e retírase, pero catro anos despois, nas municipais de 1987 presentouse de novo encabezando a lista do CDS e saíu elixida concelleira como único partido da oposición. Ao termo desa lexislatura abandonou definitivamente a vida política.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Valga

Eleccións municipais en Ribadumia

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Valga Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Ribadumia Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1928