Benue é un estado da República Federal de Nixeria, situado no centro, cunha poboación duns 2,8 millóns de habitantes en 1991. A súa capital é Makurdi. Benue é unha rica rexión agrícola; os cultivos máis importantes que se dan son a pataca, a mandioca e a soia.
O nome de Benue provén do río do mesmo nome, e formouse a partir do antigo ex-estado Benue-Plateau en 1976, xunto co grupo étnico igala, que formaba parte do estado de Kwara. En 1991, algunhas áreas de Benue, xunto con áreas de Kwara, pasaron a ser parte do novo estado de Kogi. O seu territorio ocupa unha superficie de 34.059 km².
Áreas de Goberno Local As 23 Áreas de Goberno Local do estado de Benue son: Agatu Apa Ado Buruko Gboko Guma Gwer-Leste Gwer-Oeste Katsina-Ala Konshisha Kwande Logo Makurdi Obi Ogbadibo Ohimini Oju Okpokwu Oturkpo Tarka Ukum Ushongo Vandeikya
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do Goberno do Estado de Benu
Benue