Manuel Jacobo González Outes, nado en Caldebarcos (Carnota) o 27 de febreiro de 1969, é un escritor galego.

Traxectoria Reside na Coruña desde os cinco anos, tras volver os seus pais da emigración en Inglaterra. Formado en profesións técnicas, fomentou como autodidacta os seus coñecementos sobre Literatura, Historia e Arte.

Tras un accidente no ano 2000 que lle impediu volver traballar na súa profesión, dedicouse por completo á súa vocación de escritor. Ten colaborado en varios xornais con artigos sobre diversos temas profesionais e algúns relatos literarios.

Obras Narrativa Diario dunha noiteboa, 2009, Baía Edicións Historias desde el geriátrico, 2014, Ediciones Atlantis El destino de Simón Naveira, 2015, Ediciones Atlantis La romeria de Paquito, (2016) Ediciones Seleer

Véxase tamén

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Carnota Categoría:Nados en 1969