A tempada 2004-05 da División de Honra da LNFS foi a 16ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 4 de setembro de 2004 e rematou o 25 de xuño de 2005 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o sétimo título de liga na historia desta competición a prol do Boomerang Interviú.
A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 16 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 30 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. A eliminatoria de cuartos de final foi ó mellor de 3 encontros, mentres que as semifinais e a final foron ó mellor de 5 encontros.
Tempada regular
EquiposPtsXogGEPG+G-Dif 1.ElPozo Murcia Turística 73 30 23 4 3 175 107 +68 2.Boomerang Interviú (C)67 30 21 4 5 140 99 +41 3.Playas de Castellón 59 30 18 5 7 146 104 +42 4.Polaris World Cartagena 57 30 16 9 5 124 83 +41 5.Benicarló FS 46 30 14 4 12 118 119 -1 6.MRA Gvtarra 43 30 12 7 11 118 116 +2 7.Lobelle Santiago 41 30 12 5 13 114 114 ±0 8.DKV Seguros Zaragoza 41 30 11 8 11 118 134 -16 9.Miró Martorell 40 30 11 7 12 127 131 -4 10.Azkar Lugo FS 40 30 13 1 16 106 116 -10 11.Fiat Autoexpert Torrejón 34 30 10 4 16 123 127 -4 12.Caja Segovia FS 34 30 9 7 14 98 125 -27 13.Barcel Euro Puebla 32 30 8 8 14 117 135 -18 14.PSG Móstoles 29 30 8 5 17 103 122 -19 15.UD Boadilla Las Rozas (D)26 30 7 5 18 111 129 -18 16.Marfil Santa Coloma (D)15 30 4 3 23 86 163 -77
Pts = Puntos; Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; E = Encontros empatados; P = Encontros perdidos; G+ = Goles a prol; G- = Goles encaixados; Dif = Diferenza de goles
|- style="vertical-align: top;" | Clasificado para a fase final polo título Promoción de descenso Descendido á División de Prata
</td>
(C) Campión (D) Descendido
Eliminatorias polo título
O Boomerang Interviú proclamouse campión desta edición 2004-05 da División de Honra da LNFS. Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Liga Nacional de Fútbol Sala
Categoría:Competicións de fútbol sala de España Categoría:Deporte en 2005