A tempada 2000-01 da División de Honra da LNFS foi a 12ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 9 de setembro de 2000 e rematou o 23 de xuño de 2001 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o segundo título de liga na historia desta competición a prol do Playas de Castellón FS.
A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou por última vez con 18 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 34 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, mentres que a final foi ó mellor de 5 encontros. Para pasar dunha liga de 18 equipos a unha liga de 16, ó remate da tempada, amais do descenso dos 2 últimos equipos da táboa, xogouse unha eliminatoria de permanencia entre os equipos clasificados entre a 13ª e a 16ª posición. Os dous equipos derrotados tamén descenderon á División de Prata.
Tempada regular
EquiposPtsXogGEPG+G-Dif 1.Playas de Castellón (C)8334 26 5 3 165 83 +82 2.Valencia Vijusa7434 24 2 8 166 104 +62 3.ElPozo Murcia 6834 22 2 10 155 123 +32 4.Antena 3 Boomerang6434 20 4 10 130 105+25 5.Forum Ourense FS 6234 18 8 8 139 103+36 6.Caja Segovia FS 6034 18 6 10 189 142+47 7.Café Dry Fiat Torrejón 5634 17 5 12 173 150+23 8.Industrias García 4834 15 3 16 123 151-28 9.Miró Martorell 4834 15 3 16 140 138+2 10.PSG Móstoles 4534 13 6 15 143 148-5 11.GMI Cartagena 4334 13 4 17 125 140-15 12.O'Parrulo FS 4234 12 6 16 121 132-11 13.Foticos Zaragoza (D)4034 13 1 20 133 160-27 14.Café Candelas (D)4034 12 4 18 113 147-34 15.FC Barcelona 3934 11 6 17 123 140-17 16.MRA Ingeteam Navarra 3034 8 6 20 102 128-26 17.Caja S.Fernando (D)2534 7 4 23 85 138-53 18.Dulma Astorga (D)1334 4 1 29 89 182-93
Pts = Puntos; Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; E = Encontros empatados; P = Encontros perdidos; G+ = Goles a prol; G- = Goles encaixados; Dif = Diferenza de goles
|- style="vertical-align: top;" | Clasificado para a fase final polo título Eliminatoria de permanencia Descendido á División de Prata
</td>
(C) Campión (D) Descendido
Eliminatorias polo título
O Playas de Castellón FS proclamouse campión desta edición 2000-01 da División de Honra da LNFS. Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Liga Nacional de Fútbol Sala
Categoría:Competicións de fútbol sala de España Categoría:Deporte en 2001