Xosé Piñeiro Ares, nado en Pontecesures o 7 de outubro de 1927 e finado no mesmo concello o 10 de decembro de 2001, foi un mestre, escritor e político galego.
Traxectoria Fillo de José Piñeiro Silva, secretario do concello de Pontecesures. Profesor de EXB. Cronista Oficial de Pontecesures dende 1953, foi correspondente de La Noche, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, Diario de Pontevedra e Atlántico Diario. Tamén colaborou en Faro de Vigo e en xornais da Arxentina e o Uruguai. Foi nomeado alcalde de Pontecesures o 8 de xullo 1970.El Pueblo Gallego, 22-7-1970, p. 12. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse pola UCD e foi elixido alcalde. Volveu ser elixido nas municipais de 1983 pola CIG, nas de 1987 por AP e nas de 1991 polo PPdeG, rematando o seu mandato en 1995 tras perde-la maioría absoluta e pactar os demais grupos a elección do independente Victoriano Trenco Romay. Foi conselleiro da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.
Obras Cerámica de Pontecesures, 1978, Cuadernos del seminario de estudios cerámicos de Sargadelos. La trágica infancia de Agustina Otero Iglesias, 1984. Anotaciones históricas del Ullán, 1985. Semblanza biográfica de Faustino Rey Romero, 1986. La muerte de Faustino Rey Romero, 1989. Historia de Pontecesures, 1989. Historia das feiras do automóbil de ocasión, 1989. Historia de Pontecesures, 1989. Los últimos cien años de Puentecesures, 1989. Ricardo Sendra "O Campás", 1992 (novela). El Foucellas en el Ullán, 1992. Crónicas viajeras Galicia Asturias, 1994. Los placeres de la Bella Otero, 1994. As pranganas do Toucedán, 1995. La historia hablará, 1996.
Premios Medalla de Bronce da Xunta de Galicia en 1993. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Pontecesures Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría: Alcaldes de Pontecesures Categoría: Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría: Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría: Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría: Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría: Medalla de Bronce de Galicia Categoría: Nados en Pontecesures Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cronistas de Pontecesures