José Ramón Varela Rey, nado en Artes (Carballo) o 22 de marzo de 1955, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE
Traxectoria miniatura|Área recreativa inaugurada por Salvador Fernández Moreda como presidente da Deputación da Coruña e Ramón Varela Rey como alcalde de Malpica. Estudou Maxisterio. Foi xogador de fútbol e adestrador. É mestre adscrito a Secundaria na especialidade de Ciencias Naturais. Foi director do C.P. de Buño (1982-1985). Foi fundador e presidente da Asociación Cultural "As Revoltas" de Cabana. Militante do PSdeG-PSOE, nas eleccións municipais de 1987 foi o candidato á alcaldía de Malpica de Bergantiños, sendo elixido concelleiro. Nas municipais de 1991 e 1995 foi elixido novamente concelleiro como número 2 da candidatura socialista. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Malpica de Bergantiños e foi elixido alcalde tras contar co apoio do BNG e os independentes de AEMU, formacións coas que conformou un goberno tripartito. Dende febreiro de 2001 continuou goberno tan só co BNG, tralas discrepancias co líder independente Manuel Balseiro. Nas eleccións municipais de 2003 volveu a ser elixido alcalde tras lograla vitoria, pasando de 2 a 4 concelleiros, e pactar un goberno cos independentes de AVE-Malpica, encabezada por José Manuel Vila Pérez. Nas municipais de 2007 revalidou a súa vitoria ó subir a 5 concelleiros e mantivo a alcaldía, chegando a un acordo de goberno co concelleiro independente da AIM Alfredo Cañizo, o cal se mantivo ata febreiro de 2010. Nas municipais de 2011 foi superado polo PPdeG de Eduardo Parga Veiga, o cal logrou a alcaldía tras lograr un pacto con Cañizo. Desta forma, non tomou posesión como concelleiro e retirouse da primeira liña política.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Malpica de Bergantiños Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Alcaldes de Malpica de Bergantiños Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes