A Semana Santa de Ferrol é o conxunto de actos de conmemoración da Paixón de Cristo que se celebran na cidade de Ferrol, en Galicia. A súa primeira referencia documental é do 21 de setembro de 1616. No ano 2014 recibiu a distinción de Festa de interese turístico internacional. Desde o ano 1995 xa estaba considerada Festa de interese turístico nacional.
As procesións dan comezo o Domingo de Ramos e finalizan o Domingo de Resurrección. Durante todos os días comprendidos entre ambos saen á rúa un total de vinte e cinco procesións, organizadas polas cinco confrarías con sede na cidade. Os días máis destacados son o Xoves Santo e o Venres Santo, nos que milleiros de persoas se dispoñen ao longo das rúas dos barrios de Esteiro e A Madalena para contemplar os maiores e máis vistosos desfiles procesionais da Semana Santa na cidade.
Confrarías miniatura|A Santísima Virxe das Dores na Procesión do Santo Encontro.
Son un total de cinco, agrupadas todas elas na Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa Ferrolá:
Venerable, Real e Moi Ilustre Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima das Dores. Pontificia, Real e Ilustre Confraría da Nosa Señora das Angustias. Confraría da Santísima Virxe da Soidade (tamén coñecida popularmente como "Confraría da Orde Terceira"). Confraría de Cabaleiros Portadores do Santo Enterro. Confraría da Nosa Señora da Mercé e do Santísimo Cristo Redentor.
Procesións
Día Mañá Tarde Noite Domingo de Ramos Procesión de Xesús Amigo dos Nenos Procesión da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén Procesión do Ecce Homo Luns Santo Procesión de Cristo Rei e a Virxe da Amargura Martes Santo Procesión do Cristo da Boa Morte Procesión de Xesús Atado á Columna e a Santísima Virxe da Esperanza Mércores Santo Procesión do Cristo dos Navegantes Procesión da Nosa Señora dos Cativos e o Santísimo Cristo Redentor Procesión do Cristo do Perdón e María Santísima dos Desamparados Procesión da Penitencia Xoves Santo Procesión de Noso Pai Xesús da Humildade no Bico de Xudas Procesión da Pontificia, Real e Ilustre Confraría da Nosa Señora das Angustias Procesión do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima da Piedade Venres Santo Procesión do Santo Encontro Procesión do Crucificado Procesión do Traslado Procesión do Santo Enterro Procesión da Soidade Procesión de Os Caladiños Sábado Santo Procesión da Caridade e o Silencio Domingo de Resurrección Procesión da Resurrección
miniatura|Trono de Xesús Amigo dos Nenos na procesión de 2006, percorrendo o barrio de Esteiro.
Domingo de Ramos
Procesión de Xesús Amigo dos Nenos Pontificia, Real e Ilustre Confraría da Nosa Señora das Angustias
Hora de saída: 11:30. Bendición de ramos ás 11:15. Lugar de saída: Santuario da Nosa Señora das Angustias, na praza das Angustias. Percorrido: praza das Angustias, Carlos III, Ánimas, avenida de Esteiro, Ramón y Cajal e retirada na igrexa da Nosa Señora do Pilar. Paso: Xesús Amigo dos Nenos (1959).
miniatura|Trono da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén percorrendo a rúa da Terra na Semana Santa de 2010.
Procesión da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén Venerable, Real e Moi Ilustre Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima das Dores
Hora de saída: 12:30. Bendición de ramos ás 12:15. Lugar de saída: praza de Amboage. Percorrido: Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcaiztegui, Magdalena, Terra, Real, Méndez Núñez e retirada. Pasos: San Xoán Evanxelista (2022) e A Borriquiña (1990).
miniatura|Ecce Homo na Semana Santa de 2019.
Procesión do Ecce Homo Confraría da Santísima Virxe da Soidade
Hora de saída: 19:00. Lugar de saída: capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco. Percorrido: glorieta de Alfredo Martín, Real, San Diego, Magdalena, Coruña, Real e capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco. Pasos: San Pedro Apóstolo (2021) e Ecce Homo (1790).
Luns Santo
Procesión de Cristo Rei e a Virxe da Amargura Venerable, Real e Moi Ilustre Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima das Dores
Hora de saída: 21:00. Lugar de saída: igrexa da Nosa Señora das Dores, na praza de Amboage. Percorrido: Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcaiztegui, Magdalena, Terra, Real, Méndez Núñez e retirada na igrexa da Nosa Señora das Dores. Pasos: Cristo Rei e a Santísima Virxe na súa Amargura.
miniatura|Cristo da Boa Morte na Semana Santa de 2019.
Martes Santo
Procesión do Cristo da Boa Morte Confraría da Santísima Virxe da Soidade
Hora de saída: 20:00. Lugar de saída: capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco. Percorrido: capela da Venerable Orde Terceira, glorieta de Alfredo Martín, Real, San Diego, Magdalena, Coruña, Real e retirada na capela da Orde Terceira. Pasos: Cristo da Boa Morte (2025) e Virxe do Perdón e a Misericordia (2015).
miniatura|Retirada da Santísima Virxe da Esperanza, o Martes Santo de 2006.
Procesión de Xesús Atado á Columna e a Santísima Virxe da Esperanza Venerable, Real e Moi Ilustre Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima das Dores
Hora de saída: 21:00. Lugar de saída: igrexa da Nosa Señora das Dores, na praza de Amboage. Percorrido: Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcaiztegui, Magdalena, Terra, Real, Méndez Núñez e retirada na igrexa da Nosa Señora das Dores. Pasos: Xesús Atado á Columna (2024), Cristo Penitencial e Santísima Virxe da Esperanza (2014).
miniatura|O Cristo dos Navegantes, durante o seu percorrido polo barrio de Ferrol Vello na Semana Santa de 2006.
Mércores Santo
Procesión do Cristo dos Navegantes Parroquia da Nosa Señora do Socorro
Hora de saída: despois da eucaristía das 19:00. Saída aproximada ás 19:30. Lugar de saída: parroquia da Nosa Señora do Socorro. Percorrido: parroquia do Socorro, Mercé, Comellas, San Antonio, San Francisco, Rastro, porta do Parque do Arsenal, saída pola porta da Cortina, avenida da Mariña e retirada na igrexa do Socorro. Paso: Cristo dos Navegantes (1949).
O Cristo que sae en procesión é unha copia; o orixinal consérvase no interior da igrexa e non sae pola súa antigüidade e polas dificultades que presenta. É unha procesión moi popular e querida pola xente do barrio, igual que a da Virxe do Socorro, coñecida como a Parrocheira, no mes de setembro.
miniatura|Saída do seu templo da talla da Virxe da Mercé na Semana Santa de 2009.
Procesión da Nosa Señora dos Cativos e o Santísimo Cristo Redentor Confraría da Mercé
Hora de saída: 19:00. Lugar de saída: capela da Mercé, na praza de Amboage. Percorrido: capela da Mercé, María, Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcaiztegui, Magdalena, Terra, Real, Méndez Núñez, María e retirada. Pasos: Nosa Señora dos Cativos (2012) e Cristo Redentor (1927).
miniatura|María Santísima dos Desamparados, en procesión durante o Mércores Santo de 2006.
Procesión do Cristo do Perdón e María Santísima dos Desamparados Pontificia, Real e Ilustre Confraría da Nosa Señora das Angustias
Hora de saída: 21:00. Lugar de saída: Santuario da Nosa Señora das Angustias, na praza das Angustias. Percorrido: praza das Angustias, paseo de Pablo Iglesias, Carmen, Real, Sánchez Barcaiztegui, Magdalena, Carmen, paseo de Pablo Iglesias e retirada no Santuario da Nosa Señora das Angustias. Pasos: Cristo do Perdón (1864) e María Santísima dos Desamparados (2025).
miniatura|O paso do Santísimo Cristo Xacente durante a Procesión da Penitencia, o Mércores Santo de 2009.
Procesión da Penitencia Venerable, Real e Moi Ilustre Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima das Dores
Hora de saída: 22:30. Acto penitencial ás 21:45 na igrexa da Nosa Señora das Dores. Lugar de saída: igrexa da Nosa Señora das Dores, na praza de Amboage. Percorrido: Méndez Núñez, Real, Terra, Dolores, Méndez Núñez e retirada. Pasos: Cruz Sudario e Santísimo Cristo Xacente (2016).
Xoves Santo
Procesión de Noso Pai Xesús da Humildade no Bico de Xudas Confraría da Nosa Señora da Mercé e o Santísimo Cristo Redentor
Hora de saída: 18:30. Lugar de saída: capela da Mercé. Percorrido: capela da Mercé, María, Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcaiztegui, Magdalena, Concepción Arenal, Real, Méndez Núñez, María e retirada na capela da Mercé. Paso: Noso Pai Xesús na súa Humildade.
A Confraría da Mercé incorporou esta nova saída ao seu programa de desfiles penitenciais no ano 2024.
miniatura|Nosa Señora das Angustias, en procesión o Xoves Santo de 2007.
Procesión da Pontificia, Real e Ilustre Confraría da Nosa Señora das Angustias Pontificia, Real e Ilustre Confraría da Nosa Señora das Angustias
Hora de saída: 19:30. Lugar de saída: Santuario da Nosa Señora das Angustias, na praza das Angustias. Percorrido: praza das Angustias, avenida de Esteiro, Fernando VI, Españoleto, Soto, San Amaro, Lugo, Real, Sánchez Barcaiztegui, Magdalena, Carmen, paseo de Pablo Iglesias e retirada no santuario das Angustias. Pasos: Xesús Nazareno (s. XVIII), Cristo da Agonía (1789), Cristo Xacente (1957) e Nosa Señora das Angustias (s. XVIII).
Esta procesión realiza o maior percorrido de toda a Semana Santa ferrolá.
miniatura|O trono de María Santísima da Piedade percorre a rúa Real ferrolá na Semana Santa de 2008.
Procesión do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima da Piedade Venerable, Real e Moi Ilustre Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima das Dores
Hora de saída: 23:00. Lugar de saída: igrexa da Nosa Señora das Dores, na praza de Amboage. Percorrido: Méndez Núñez, María, Arce, Magdalena, Rubalcava, praza de Armas, Terra, Real, Méndez Núñez e retirada. Pasos: Oración no Horto (2022), Xesús Cativo (2008), Nazareno (1863), Cristo da Misericordia (2000), Cristo Penitencial e Virxe da Piedade (s. XVIII).
Esta procesión sae á rúa desde o ano 1946, cando foi creada pola Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia. Fai un dos maiores percorridos de todas as procesións e é, con diferenza, unha das que ten maior participación de confrades: ata un total de 1000 homes e mulleres acompañan e portan os pasos, xunto con varias bandas de música.
O paso da Oración no Horto está formado por un conxunto escultórico no que están representados un anxo que mostra a cruz da Paixón e un cáliz, xunto a unha imaxe de Xesús orando. Foi elaborado en 2022 por Fernando Murciano Abad.
A imaxe de Xesús Cativo data de 2008 e é obra de Fernando Murciano Abad. Vai sobre un trono prateado adquirido na ourivaría de Orovio de la Torre, portado polo Tercio de Portadores de San Xoán Evanxelista.
A talla de Xesús Nazareno data de 1863 e é obra de Francisco Guerra Felipe. Pode adoptar a posición de prendemento ou de cruz ás costas. Durante anos saíu da primeira das formas, ata a adquisición da imaxe de Xesús Cativo. É portada exclusivamente por mulleres, as Portadoras da Santísima Virxe da Esperanza.
O Cristo da Penitencia é un crucificado portado aos ombreiros por confrades pertencentes ao Tercio Penitencial.
O Santísimo Cristo da Misericordia é unha imaxe dun crucificado, obra de Manuel Romero Benítez e datada no ano 2000. Representa un crucificado vivo, con mirada cara ao alto e de expresión doce. Substitúe a antiga talla, obra de Baldomero Baño, do ano 1868, que se pode contemplar permanentemente na igrexa das Dores. O trono prateado sobre o que vai o Cristo data de mediados da primeira década do século XXI.
Pecha a procesión a imaxe de María Santísima da Piedade ou do Maior Dor. A talla data do século XVIII e é de autor anónimo. Ata a década de 1920 actuaba como Dolorosa; a partir de 1948 sae en procesión baixo a advocación de Virxe da Piedade. Destaca o trono sobre o que procesiona, de madeira e con apliques prateados, realizado en Cándido Hermida, baixo palio con bordados en fío dourado.
miniatura|Santo Encontro entre a Santa Muller Verónica e Xesús Nazareno na praza de Armas, na Semana Santa de 2010.
Venres Santo
Procesión do Santo Encontro