A Gran Muralla Chinesa (chinés tradicional: 長城, chinés simplificado: 长城, pinyin: Cháng Chéng, "Longa fortaleza") é unha serie de fortificacións, construídas desde o século V a. C., de pedra, ladrillo, terra apisoada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.
A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos.
Contando as súas ramificacións e construcións secundarias, calcúlase que ten 21 196 quilómetros de longo, desde a fronteira con Corea, á beira do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da Mongolia Interior, aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela. De media, mide de 6 a 7 metros de alto e de 4 a 5 metros de ancho. No seu apoxeo, durante a dinastía Ming, foi custodiada por máis dun millón de guerreiros.
Gran parte da Gran Muralla ten fama de ser o maior cemiterio do mundo. Durante a súa construción os obreiros estaban a mercé de bandas de asaltantes e moitos morreron nesa construción, de maneira que a muralla é denominada ás veces como o cemiterio máis longo do mundo. Aproximadamente 10 millóns de traballadores morreron durante a súa construción.Enciclopedia Quid Non os enterraron no muro en si, senón nas súas proximidades.
A muralla foi designada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1987Ficha da Gran Muralla Chinesa na web da UNESCO. (en inglés). O día 7 de xullo de 2007 deuse a coñecer que a muralla chinesa foi elixida como unha das gañadoras na lista das Novas Sete Marabillas do Mundo Moderno.Las Nuevas 7 Maravillas del Mundo moderno. Culturagenial.com.
A Gran Muralla está irmandada coa muralla romana de Lugo, tamén designada Patrimonio da Humanidade. Historia Períodos de construción Tradicionalmente, divídese a historia da construción da Gran Muralla en cinco partes (xa que non se construíu toda dunha vez, senón que foi a unión de varios muros construídos durante un período de aproximadamente mil anos. A súa forma actual acabouse durante a dinastía Ming.): Período anterior á unificación da Dinastía Qin
No século VIII a. C., no comezo do período coñecido como Período das Primaveras e Outonos, China segue un sistema feudal: o territorio divídese en centos de feudos ou estados dirixidos por príncipes, en teoría, todos reunidos baixo os reis da dinastía Chou. Entre os séculos VIII e V a. C. os chineses xa estaban familiarizados coas técnicas de construción de muros. Pero co tempo, estes feudos foron anexados polos príncipes formando grandes principados no século VI a. C.; algúns deles foron o Estado de Chu e Wu, China foi rapidamente fragmentada en varios reinos independentes. Durante este tempo e o posterior período dos Reinos Combatentes, os estados de Qin, Wei, Zhao, Qi, Han, Yan, e Zhongshan construíron extensas fortificacións para defender as súas propias fronteiras. Construídas para resistir o ataque de armas pequenas como espadas e lanzas, estas murallas estaban feitas principalmente de pedra ou de terra pisada e grava entre marcos de táboas. Comunmente, a técnica utilizada para realizar as paredes foi de capas de terra duns poucos centímetros que se amontoan unha encima doutra. As xuntas de madeira extráense, deixando unha parede de terra. Este método podería desenvolver rapidamente sólidos muros que poderían resistir séculos en pé. miniatura|upright|esquerda|Trazado tentativo de muralla que se mostra en vermello no período da Dinastía Qin. A Gran Muralla da dinastía Qin esténdese desde Lintao até Liaodong. Período da Dinastía Qin
No ano 221 a. C., Qin Shi Huang conquistou todos os estados que se lle opoñían e unificou China establecendo a dinastía Qin. A intención de impoñer un poder central e evitar o rexurdimento dos señores feudais, ordenou a destrución das murallas que dividían o seu imperio ao longo da antiga fronteira. Logo dos ataques das tribos Xiongnu ao norte, enviou ao xeneral Meng Tian, para asegurarse da derrota dos Xiongnu e, a continuación, emprender a construción dun muro máis aló do Río Amarelo para protexer mellor aos novos territorios conquistados conectando o resto de fortificacións ao longo da nova fronteira norte. «Construír e seguir adiante» foi o principio central na construción da muralla, o que implicaba que os chineses non estaban a erguer unha fronteira fixa permanente. O transporte dunha gran cantidade de materiais necesarios para a construción foi difícil, xa que logo, os construtores utilizaron os recursos locais como as pedras nas construcións de montaña e a terra apisoada para a construción na chaira.
O transporte da gran cantidade de materiais necesarios para a construción foi difícil, polo que os construtores sempre tentaron utilizar recursos locais; a pedra usábase nas zonas montañosas, mentres que a terra batida foi usada para construír nas chairas. Non hai rexistros históricos que indiquen a lonxitude exacta e o trazado das murallas na dinastía Qin; a maioría das murallas antigas fóronse erosionado ao longo dos séculos e hoxe en día quedan moi poucas seccións delas, pero a pesar do debate entre os historiadores e a ausencia de acontecementos históricos, a Gran Muralla construída pola dinastía Qin permanece na imaxinación popular chinesa como unha colosal obra co alcumo de "muro de dez mil li" (5.760 km no valor de li da dinastía Qin).
Descoñécese o custo humano da construción, pero algúns autores estimaron que centos de miles de traballadores morreron construíndo a muralla de Qin.
Máis tarde, a dinastía Han, as dinastías do Norte e a dinastía Sui repararon, reconstruíron ou ampliaron seccións da Gran Muralla a un gran custo para defenderse dos invasores do norte. As dinastías Tang e Song non emprenderon ningún esforzo significativo na rexión. As dinastías fundadas por grupos étnicos non Han tamén construíron murallas fronteirizas: os Xianbei gobernaron os Wei do Norte, os Khitan gobernaron os Liao, os Jurchen lideraron os Jin e os Tangut estableceron os xia occidentais, que gobernaron vastos territorios no norte da China ao longo dos séculos, todos construíron murallas defensivas (estas estaban máis ao norte que as fortificacións construídas máis tarde polos Hans), chegando aos arredores da actual Mongolia.
Período da Dinastía Han miniatura|upright|Trazado da Gran Muralla no período da Dinastía Han miniatura|upright|A Gran Muralla dos Han é a máis longa de todas, desde Mamitu, preto de Yumenguan, até Liaodong.
No 210 a. C., o emperador Qin Shi Huang morreu e a dinastía Qin que fundou sobreviviu uns poucos anos. No 202 a. C., Liu Bang, un ex soldado de orixe campesiña que foi mestre da China proclamouse emperador co nome Han Gaozu. Debilitada pola súa anterior guerra de sucesión contra o xeneral Xiang Liang, Gaozu abandona o mantemento da Muralla da era Qin, e cando os Xiongnu, agora unidos nunha confederación estaban ameazando a través da fronteira, Gaozu, no canto de adoptar unha ofensiva utilizando as paredes do mesmo xeito que Qin Shi Huang, trata de conseguir a paz con homenaxes e unha "harmoniosa unión" ou heqin, é dicir, a subministración chinesa de princesas para os xefes Xiongnu. Durante varias décadas, os seus sucesores farán o mesmo. Con todo, a Gran Muralla non está completamente abandonada: baixo o dominio do emperador Han Wudi recoméndaselle o establecemento de fronteiras tuntian (tipos de asentamentos militares agrarios) protexidos por pequenos muros para colonizar a rexión e impedir as incursións Xiongnu.
No 134 a. C. o statu quo entre os chineses e os Xiongnu foi roto e a diferenza dos seus antepasados, Han Wudi decidiu tomar unha ofensiva contra a confederación Xiongnu e iniciou no 129 a. C. unha primeira ofensiva, seguida de moitas outras. Wudi restaurou e conectou porcións da Muralla da dinastía Qin e logo estendeuna a través do que se convertería na ruta da seda. No 119 a. C., os Xiongnu son expulsados a través do deserto de Gobi na Mongolia interior, e unha nova sección do muro, de 400 km de longo foi construída e consérvase hoxe en día.
No ano 9 d. C., a dinastía Han vese ensombrecida pola efémera dinastía Xin, antes de ser restaurada o 23 d. C. polo emperador Geng Shi di que debe facer fronte ás guerras civís e cando o emperador Guang Wudi ascendeu ao trono dous anos despois, o seu exército é demasiado débil para conter eficazmente os Xiongnu. Ordenou a construción de catro novos muros para frear o seu avance e protexer á capital. Para rematar, ao redor do 48, os Xiongnu experimentaron loitas internas e divídense en dous grupos: Xiongnu do Norte e Xiongnu do Sur. Os Xiongnu do sur serven de amortecemento entre os seus homólogos no norte e a China estaba disposta a coexistir con eles. Ao final da dinastía Han, China dividiuse en tres reinos separados por fronteiras, facendo da construción e o mantemento das grandes paredes irrelevante.
Período de baixa actividade Desde o período dos Tres Reinos (220) ata fins da Dinastía Yuan (1300) a muralla non experimentou grandes cambios e extensións máis aló da reconstrución de sectores desgastados. Destacan pequenos períodos de construción do século V ao VII e dos séculos XI ao XIII.
Período da Dinastía Ming
thumb|upright|Mapa da Dinastía Ming e a súa muralla. A Gran Muralla como concepto reavivouse de novo durante a dinastía Ming logo da derrota do exército por parte dos oirates na Batalla de Tumu en 1449. Esta derrota produciuse no contexto dun prolongado conflito coas tribos mongolas; por tanto, ideouse unha nova estratexia de defensa mediante a construción de murallas ao longo da fronteira norte da China. Recoñecendo o control mongol establecido no deserto de Gobi, a muralla seguiu o bordo sur do deserto, en lugar de incorporar a curva do río Amarelo.
A diferenza das anteriores fortificacións, a construción da dinastía Ming foi máis forte e máis elaborada debido á utilización de ladrillos e pedra no canto de terra apisoada. Estímase que se construíron até 25 000 torres de vixilancia na muralla. Como consecuencia das incursións mongois a través dos anos, dedicáronse considerables recursos a reparar e reforzar as paredes. As seccións Ming preto da capital Pequín son especialmente fortes e resistentes. Baixo a supervisión xeral de Qi Jiguang, entre 1567 e 1570 construíronse 1200 torres de vixilancia desde o paso de Shanhaiguan até Changping, e revestíronse con ladrillos seccións do muro de terra.
A mediados do século XV, os Ming tamén construíron a chamada «muralla de Liaodong». Esta muralla rodeaba o corazón agrícola da provincia de Liaodong e protexíaa de posibles incursións dos jurchen-mongois orianghan desde o noroeste e dos jurchen de Jianzhou desde o norte. Aínda que nalgúns puntos utilizáronse pedras e tellas, tratábase simplemente dun dique de terra con fosos a ambos os dous lados.
A gran muralla da dinastía Ming iníciase no extremo leste, no paso de Shanhai (山海关 shān hǎi guān), Qinhuangdao, en Hebei, provincia próxima ao golfo de Bohai. Atravesa nove provincias, 100 condados, para terminar no extremo oeste no paso de Jiayu (嘉峪关 jiā yù guān), na provincia Gansu, ao noroeste. O paso de Jiayu era a porta para a ruta da seda. A pesar de que a muralla finaliza no paso Jiayu, a partir de alí seguen torres de vixilancia (烽火台 fēng huǒ tái) por toda a ruta da seda. Estas torres comunicábanse entre elas con sinais de fume para informar de posíbeis invasións.