Javier Bulfoni, tamén coñecido como Tuky Bulfoni, nado o 26 de setembro de 1976 en Casilda (Provincia de Santa Fe, Arxentina), é un xogador de baloncesto arxentino. Actualmente xoga na posición de escolta no Atenas de Córdoba. Salienta a súa capacidade anotadora, con bo tiro na media e na longa distancia, así como por ser un bo defensor
Traxectoria deportiva Bulfoni comezou a xogar no club da súa cidade natal, o Alumni de Casilda. Posteriormente trasladouse a La Plata para xogar na canteira do Club de Gimnasia y Esgrima La Plata ata que no 2001, cando deu o salto a Europa, asinando polo Drac Inca da Liga LEB Ouro, pasando posteriormente a xogar no CB Ciudad de Algeciras (LEB Ouro).
No 2005 fichou polo Grupo Begar León da LEB Ouro. Un triplo seu daría no último segundo o campionato da Liga Regular da LEB na tempada 2005-06 ao equipo leonés. Logo de fallar no intento de ascenso na tempada 2005-06, foi un dos compoñentes do cadro de xogadores que lograron o ascenso un ano despois. Tras unha tempada na Liga ACB nas filas do Bàsquet Manresa (2008-09), o martes 18 de agosto do 2009 fichou polo Obradoiro CAB.
Equipos Club de Gimnasia y Esgrima La Plata (1999-2002) CB Inca (2002-04) CB Ciudad de Algeciras (2004-05) Grupo Begar León (2005-08) Suzuki Manresa (2008-09) Obradoiro CAB (2009-12) Atenas de Córdoba (2012-presente)
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Javier Bulfoni en acb.com Ficha de Javier Bulfoni en basketpedya.com
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados na provincia de Santa Fe Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da Arxentina Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Baloncesto León Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB