miniatura|dereita|Retrato de Cendrars por Amedeo Modigliani.
Frédéric-Louis Sauser, coñecido como Blaise Cendrars, nado en Neuchâtel o 1 de setembro de 1887 e finado en París o 21 de xaneiro de 1961, foi un escritor suízo en lingua francesa.
Traxectoria Adoptou a nacionalidade francesa en 1916. As súas viaxes, reais e imaxinarios, son a fonte de inspiración principal da súa poesía e da súa prosa. Tras enrolarse na Lexión Estranxeira, participou na primeira guerra mundial na que perdeu o brazo dereito, amputado en 1915 por riba do cóbado. Este acontecemento marcará a súa obra profundamente, posto que se o seu brazo dereito é o que lle serve para o seu oficio de escritor tamén é o que usa como pianista. A guerra decidiu a súa vocación.
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados no cantón de Neuchâtel Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1961