Roberto Salgueiro González, nado en Caracas o 24 de outubro de 1966, é un escritor e director de teatro galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e DEA en Teoría da Literatura, é director da Aula de Teatro da USC. Traballou para as compañías Teatro da Lúa, Uvegá-Teatro, Teatro do Atlántico e Talía Teatro. Colaborou en revistas teatrais.
Os seus traballos escénicos representáronse en numerosos teatros de España, así como en Francia, Portugal, Noruega, Países Baixos, Bélxica, Alemaña, Lituania, Estonia, Marrocos e Os Estados Unidos.
Obras Obra dramática publicada O arce no xardín (1989). Xerais, estreada polo Centro Dramático Galego no mesmo ano da súa publicación. 72 páxs. ISBN 9788475073859. Historia de Neera (1989). Edición do autor, estreada por Teatro do Atlántico en 1990. Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado (2001). Vigo: Xerais. 64 páxs. ISBN 978-8483025994. Matanza (2002). Deputación da Coruña. Apnea (2003). Baía. 52 páxs. ISBN 978-8496128262. Molière final (2003). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-015-8. Historia da chuvia que cae todos os días (2008). Vigo: Xerais. 48 páxs. ISBN 978-8497827461. Memoria de Helena e María (2009). Difusora. 48 páxs. ISBN 9788493709075. Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can) (2009). A Coruña: Baía. 61 páxs. ISBN 9788492630196. Como mil cachiños de vidro que a dor escurece (2016). Deputación da Coruña Perder (2016-2021) (2023). Vigo: Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-1176-025-6.
Ensaio Teatro nacional e nacionalismo. Váter (comedia claustrófica) (1999). Noitarenga. Como facer teatro hoxe: manual básico de traballo (2005). Xunta de Galicia.
Traducións A arte do teatro, de François Riccoboni (2002). Universidade da Coruña. Os camiños do actor: formar para actuar, de Josette Féral (2004). Galaxia.
Representacións Aula de Teatro da USC A esperar a Godot, de S. Beckett (1990-91). O Matrimonio, de W. Gombrowicz. (1991-92). Nosferatu, de Fco. Nieva (1992-93). Cando chega decembro, de M. Lourenzo (1993-94). King Kong Palace, de M.A. de la Parra (1994-95). A velada espectral de míster Peabody, de M. Lourenzo (1995-96). Ubu rei, de Alfred Jarry (1996-97). Comedia noxenta para mamá, de S. Witckiewicz (1997-98). La cabeza del dragón, de Valle-Inclán (1998-99). Os vellos non deben namorarse, de Castelao (1999-2000). O burgués xentilhome, de Molière (2000-2001). Matanza, de R. Salgueiro (2001-2002). Apnea, de R. Salgueiro (2002-03). Hamlet, de Shakespeare (2003-2004). Ubu Encadeado, de Alfred Jarry (2004-2005). O velorio de Pat O’Connor, de R. Salgueiro (2005-2006). El caballero de Olmedo, de Lope de Vega (2005 – 2006). Trufaldino, servidor de dous amos, de Carlo Goldoni (2006-2007). As raíñas, de Werner Schwab (2007-2008). As cuñadas, de M. Tremblay (2009-2010). Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz (2010-2011). Comedia famosa do cabaleiro de Olmedo, de Fco. de Monteser (2011 – 2012). Agamenón. Volvín do supermercado e deille unha malleira a meu fillo, de Rodrigo García (2012 – 2013). APNEA (variación 2ª), de R. Salgueiro (2013 – 2014). A Historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet, de S. Sondheim (2014 - 2015). Cousas que trouxo a chuvia, de R. Salgueiro (2016-2017). Pasar por Nida de R. Salgueiro (2017-2018). A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour (2018 - 2019).
Outras compañías
Sigrid só era unha boneca rota. Coautor, axudante de dirección (Teatro da Lúa, 1989)
Cea para dous. Dirección (Uvegá Teatro, 1990) Historia de Neera. Autor (Teatro do Atlántico, 1990)
Ai, Carmela. Dirección (Talía Teatro, 1993) Xoán Tuorum. Dirección (Museo do Pobo Galego, 2006) Esperando a Godot. Dirección (Talía Teatro, 2007) Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can). Dirección (Talía Teatro. 2008) Volpone. Dirección (Talía Teatro, 2011) Ubú Rei. Dirección (Talía Teatro, 2016)
Premios literarios Premio Álvaro Cunqueiro no 1988, por O arce no xardín. Finalista do Premio Álvaro Cunqueiro no 1989, por Historia de Neera. Premio Álvaro Cunqueiro no 2000, por Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado. Finalista do Premio Rafael Dieste no 2001, por Matanza. Premio de Dramaturxia Carlos Couceiro no 2002, por Apnea. Premio Álvaro Cunqueiro no 2002, por Molière final. Premio de Teatro Abrente no 2006, por Memoria de Helena e María. Premio Álvaro Cunqueiro no 2007, por Historia da chuvia que cae todos os días. Premio de teatro Rafael Dieste no 2015, por Como mil cachiños de vidro que a dor escurece. IV Torneo de Dramaturxia de Galicia no 2020, por Jessi and Johnny.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Web da Aula de Teatro da USC
Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela