Manuel Quintáns Suárez, nado en Freixeiro (Santa Comba) o 28 de outubro de 1931 e finado en Santiago de Compostela o 21 de setembro de 2020,Necrolóxica, esquelas.de-galicia.com . foi un escritor e tradutor galego.

Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras, profesor de ensino secundario, fundou e coordinou as revistas Anduriña e Seitura, e creou a colección Vieiros de Galicia. Colaborou como investigador no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Obras Novela Nerio. Repinique de silencios en vermello, 2008, Galician Edición.

Ensaio A Galicia de "cousas da vida" de Castelao, 1985, Dirección Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. A Galicia dos nenos de Castelao, 1985, Dirección Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Pazos galegos: Mariñán, 1985. Dirección Xeral de Emigración. El camino del paisaje y la aldea, en Itinerarios por Galicia, 1993, Anaya. Anuario de tradicións galegas, 1996, Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O camiño de Xavier Lama no teatro galego actual, en O peregrino errante... de Xavier Lama, 1996, IGAEM. Dicionario conceptual galego, 8 tms., Director e coautor, 1997. Xuntanza Editorial. Diccionario Xeográfico-Cultural de Galicia, t. nº VIII do Diccionario Conceptual, 1997, Xuntanza Editorial. Descrición paisaxística do Concello de Cee e a orixe do seu nome, en Historia de Cee, 1999, Concello de Cee. As remotas orixes de Cee e as súas xentes, en Historia de Cee, 1999, Concello de Cee. Percorrido polo teatro galego: contexto e problemas", en Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa, 1999. Tradición e modernidade na dramaturxia de Vidal Bolaño: Animaliños, en Animaliños, 2003, Follas Novas. O Outro Mundo na cultura popular galega, 2006, 3C3. O conto galego de tradición oral nunha perspectiva literaria, en Galicia de conto, 2006, Hércules Ediciones. A Escola da Lareira, 2 tms., 2007, Toxosoutos. O noso refraneiro. Estudio e clasificación, 2 tms., 2009, Sotelo Blanco. O Pindo na memoria, 2011, Galician Edición. Roberto Vidal Bolaño: Un teatro nacional ou un teatro popular, en Unha vida para o teatro, 2013, Toxosoutos.

Traducións Don Don e Dona Dona veñen á escola, col. de 20 títulos, 1988, obra de Roger Hargreaves, Alhambra. O asno de ouro, 1999 (tradución parcial da obra de Apuleio), na colección Clásicos Xuntanza. A arte da persuasión, 1999 (tradución parcial da obra de Aristóteles), en Clásicos Xuntanza.

Edicións A. López Ferreiro. Obras selectas, (3 novelas), 1990, Xuntanza Editorial. X. Amancio Liñares. ¡Ouh Galicia Maná!, 1991, El Correo Gallego. Roberto Vidal Bolaño. Agasallo de Sombras, 1992, El Correo Gallego. Emilio González López. La Iglesia Gallega en la Guerra de la Independencia, 1992, El Correo Gallego. Vasco de Aponte. Pedro Madruga y las principales Casas de Galicia, , El Correo Gallego. A fonte do xuramento, obra de Francisco Mª de la Iglesia 1993, Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Antoloxía de contos populares de Galicia, 1993, Ed. Tambre. Cancioneiro popular do Fisterra galego: 2500 cantarelas comentadas e clasificadas por temas, 2000. Cancioneiro de Celanova e outros cancioneiros, 2009, Toxosoutos. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Artigo en La Voz de Galicia

Ficha en Cultura Galega

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Santa Comba Categoría:Nados en 1931

Categoría:Finados en 2020