dereita|miniatura|Estudio de pintura de Rosalía Dans na casa da súa nai en Curtis.

Rosalía Collazo Dans, nada na Coruña o 1 de xullo de 1955 e finada en Madrid o 18 de marzo de 2024, foi unha actriz, poeta e pintora galega, coñecida artisticamente como Rosalía Dans. Traxectoria Foi filla da pintora María Antonia Dans e do escritor Celso Collazo Lema. Iniciouse no audiovisual na serie de Televisión Española Los gozos y las sombras, onde interpretou a Rosario la Galana."Rosario - Rosalía Dans" en RTVE, 19 de xuño de 2008 . Posteriormente apareceu noutras series de televisión como Goya (1985), Las aventuras de Pepe Carvalho (1986) ou Lorca, muerte de un poeta (1987). Participou en varios filmes, como Amanece, que no es poco (José Luis Cuerda, 1989), La gran comedia (Juan Pinzás, 1986), Galego (Manuel Octavio Gómez, 1988) ou La seducción del caos (Basilio Martín Patino, 1990), que foi o seu último filme.

Foi portada das revistas Fotogramas en novembro de 1975 e Interviú en setembro de 1982, unha revista que adoitaba levar modelos espidas ás súas páxinas (o que tivo un importante eco no tempo).

Como pintora fixo a súa primeira exposición en 1986, e a partir da década dos noventa dedicou a súa produción artística ás artes plásticas e á poesía.

Obra bibliográfica La amatista (poesía; Ópera Prima, 2009) El testamento (poesía; Ópera Prima, 2015) Zen (poesía; Ópera Prima, 2016) Trilogía: La amatista, El testamento, Zen (poesía; Ediciones Libertarias, 2019)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en AVG.

Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Pintores de Galicia do século XXI