thumb|left|Mercado (souq) en Omán. A economía de Omán mellorou significativamente dende 1999 co aumento do prezo do petróleo. Con todo, debido á diminución das reservas, o país desenvolveu plans que buscan diversificar a súa economía, atraer industrias e privatizar actividades, con vistas a diminuír a súa dependencia do petróleo a só 9% do PIB o ano 2020. O turismo e as industrias alimentadas polo gas natural son os compoñentes principais da estratexia de diversificación do goberno. Ao adoptar técnicas de aumento da produtividade na extracción, o país conseguiu aumentar a súa produción en 2009, gañando máis tempo para as súas estratexias de diversificación. O goberno prosegue coas privatizacións de servizos públicos e coa creación de leis comerciais que faciliten o investimento externo e organizen o orzamento do país.

Notas