O Metro de Bakú () é o sistema de metro que opera na cidade de Bakú, capital de Azerbaidján. Foi inaugurado en 1967, construído aínda durante a URSS, e foi a primeira rede de metro da República Socialista Soviética de Azerbaidján. Á semellanza doutros metropolitanos soviéticos, as súas estacións son moi ornamentadas.

Historia esquerda|miniatura|200px|Estación Həzi Aslanov do Metro de Bakú. Nos anos 30, o alto desenvolvemento industrial e o aumento da poboación da cidade fixeron dela unha das maiores e máis importantes do Cáucaso. Seguindo o exemplo de Moscova e Leningrado (actualmente San Petersburgo) se decidiu en 1932 que o medio de transporte máis cómodo ás necesidades da cidade en pleno desenvolvemento era o metropolitano, que aumentaría a mobilidade das persoas e diminuiría o tráfico das rúas de Bakú.

Á semellanza doutras cidades da Unión Soviética, os plans estiveron en suspenso debido á segunda guerra mundial para a que foi canalizado todo o capital dispoñible. Tras a guerra foi retomada a idea de construír un metro en Bakú, e en 1947 o proxecto foi aprobado. A primeira liña tiña unha lonxitude aproximada de 10 km, e abriu o 6 de novembro de 1967. Un ano máis tarde, en 1968, foi construído un novo treito de liña con 2,2 km entre as estacións de 28 de Maio e Şah İsmail Xətai. Un novo tramo entre as estacións de Nəriman Nərimanov e Neftçilər foi construído para servir os suburbios da cidade. A rede prolongouse ata o nordeste desde a estación de Nizami Gəncəvi en 1976. A construción de estacións avanzou a ritmo apresurado e en 1986 a rede tiña xa a configuración actual.

Despois da caída da Unión Soviética non houbo ningunha alteración no metro de Bakú, as limitacións económicas non permitiron que as obras proseguisen. Espérase un investimento da Unión Europea de varios millóns de euros para axuda no desenvolvemento da rede. Os últimos anos foron de adversidades para o metro e para o seu funcionamento, en particular, o feito de teren ocorrido dous atentados terroristas, un en 1994 e outro en 1995 (oficialmente foi un atentado, pero ata hoxe aínda non foi confirmado).

En 2015, o sistema levou a un total de 608.000 de persoas por día e 222 millóns de persoas anuais en 228 vagóns de metro.

Rede Liñas Liña Cor Traxecto Inauguración Lonxitude Estacións Liña 1 Vermello İçərişəhər ↔ Həzi Aslanov 1967 20,1 km 13 Liña 2 Verde Şah İsmail Xətai ↔ Dərnəgül 1976 14,5 km 10 Liña 3 Púrpura Xocəsən ↔ 8 Noyabr 2016 5,7 km 4

Cronoloxía TramoAperturaLonxitude İçərişəhər-Nəriman Nərimanov6 de novembro de 1967 6,5 km28 de Maio-Şah İsmail Xətai22 de febreiro de 19682,3 kmNəriman Nərimanov-Ulduz5 de maio de 19702,1 kmUlduz-Neftçilər7 de novembro de 19725,3 km28 de Maio-Nizami Gəncəvi31 de decembro de 19762,2 kmNəriman Nərimanov-Bakmil28 de marzo de 19790,5 kmNizami Gəncəvi-Memar Əcəmi31 de decembro de 19856,5 kmNeftçilər-Əhmədli28 de abril de 19893,3 kmCəfər Cabbarlı27 de decembro de 1993N/AƏhmədli-Həzi Aslanov10 de decembro de 20021,4 kmMemar Əcəmi-Nəsimi9 de outubro de 20082,1 kmNəsimi-Azadlıq Prospekti30 de decembro de 20091,3 kmMemar Əcəmi-2-Avtovağzal19 de abril de 20162,1 kmMemar Əcəmi-2-8 Noyabr29 de maio de 20211,4 kmAvtovağzal-Xocəsən23 de decembro de 20222,2 kmTotal:27 estacións40,3 km

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial do Metro de Bakú Urbanrail - Metro de Bakú

Categoría:Empresas ferroviarias de Azerbaidján Categoría:Metros de Azerbaidján Categoría:Bakú