Félix Porto Serantes, nado en Ferrol en 1965, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Aveciñado en Muxía coa súa muller, foi Secretario de Gandería de Unións Agrarias. Foi candidato do PSdeG-PSOE en Muxía en 1999 e 2003, sendo a principal forza da oposición. Foi deputado provincial entre 1999 e 2003. Presentouse de novo ás eleccións municipais de 2007 e nesta ocasión gañou e foi elixido alcalde co apoio do BNG. Nas municipais de 2011 e 2015 foi reelixido alcalde con maioría absoluta.

Nas eleccións municipais de 2019 optou por non presentarse á reelección, para centrarse no seu traballo en Unións Agrarias, concorrendo polo PSdeG Iago Toba Campaña, que acadou a alcaldía con maioría absolutaConcello de Muxía na FEGAMP.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Muxía

Ligazóns externas Entrevista en La Opinión Entrevista en El Correo Gallego Entrevista en La Opinión Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Muxía Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes