"All Apologies" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, editada como segundo sinxelo (como dobre cara-A xunto con "Rape Me") do seu terceiro álbum, In Utero. "All Apologies" foi o terceiro número 1 de Nirvana na lista Modern Rock e acadou o posto 32 na lista británica de sinxelos. Kurt Cobain dedicou a canción á súa muller Courtney Love e á súa filla Frances Bean Cobain.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Kurt Cobain. "All Apologies" - 3:50 "Rape Me" - 2:49 "Moist Vagina" - 3:34

Algunhas versións do sinxelo listan "Moist Vagina" como "MV".

Categoría:Sinxelos de 1993 Categoría:Cancións de Nirvana