miniatura|dereita|Selo da Universidade coa inscrición en latín: Sigillum universitatis studii friburgensis brisgaudie (Selo da Universidade de Friburgo en Brisgaudie)

A Universidade de Friburgo (coloquialmente ), oficialmente a Universidade Albert Ludwig de Friburgo (, é unha universidade pública de investigación situada en Friburgo, Baden-Württemberg, Alemaña.

Historia

Fundación A Universidade Albert Ludwig de Friburgo foi fundada o 21 de setembro de 1457 polo arquiduque Alberte VI de Austria. Foi a segunda universidade fundada no territorio dominado pola casa dos Habsburgo, despois da Universidade de Viena, e hoxe é a sexta universidade máis antiga de Alemaña, após a Universidade de Heidelberg e a Universidade de Colonia (século XIV) e a Universidade de Würzburg, Universidade de Leipzig e Universidade de Rostock (século XV) .

Estrutura docente A universidade está formada por 11 facultades e atrae estudantes de toda Alemaña e doutros 120 países. Os estudantes estranxeiros constitúen preto do 18,2% do número total de estudantes (en 2020 foron un total de 24.391 alumnos).

É especialmente recoñecida en áreas como medicina, ciencias forestais, bioloxía, intelixencia artificial e tecnoloxía de microsistemas.

Profesores, investigadores e alumnos célebres A Universidade de Friburgo estivo asociada con figuras como Hannah Arendt, Rudolf Carnap, David Daube, Johann Eck, Hans-Georg Gadamer, Friedrich Hayek, Martin Heidegger, Edmund Husserl, Herbert Marcuse, Friedrich Meinecke, Edith Stein, Paul Uhlenhuth, Max Weber ou Ernst Zermelo.

Recoñecementos A data de outubro de 2020, 22 premios Nobel están afiliados á Universidade de Friburgo como antigos alumnos, profesores ou investigadores, e 15 académicos foron galardoados co máximo premio de investigación alemán, o Premio Gottfried Wilhelm Leibniz, mentres traballaban na universidade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Albert Ludwigs University de Friburgo Páxina oficial