María Luísa Piñeiro Arcos, nada en Moraña en 1975, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria É enxeñeira técnica industrial forestal e máster en Consultaría e Verificación Medioambiental. Foi xefa do Proxecto Galicia-Sur do Servizo de Tramitacións da empresa Applus-Norcontrol. Presentouse ás eleccións municipais de 2011 en Moraña encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa como líder da forza máis votada, gobernando en minoría ao non prosperar o tripartito que impulsaba o PSdeG-PSOE con AEM e o BNG. Nas sucesivas eleccións municipais de 2015 e 2019 volvería a ser elixida alcaldesa, en ambas ocasións por maioría absoluta.

En setembro do 2020, foi nomeada delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, sendo substituída na alcaldía de Moraña por José Cela Camiño. O 5 de febreiro de 2021 dimitiu logo de coñecerse a sentenza do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra pola que foi condenada por fraude a dous anos de cárcere e oito de inhabilitación para cargo público, xunto con Rafael Louzán. Porén, en maio de 2022 resultou absolta,Luisa Piñeiro, tras ser absuelta de fraude y prevaricación: "O dano que me fixeron non o repara ninguén" concorrendo como número 2 do PPdeG en Moraña en 2023 na candidatura de José Luís Gómez Fontenla, quen conseguiu a maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Moraña

Ligazóns externas Artigo en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Moraña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Moraña Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes