miniatura|300px| Vista da Exposición coa Torre Eifel ó fondo, á esquerda o pavillón da Alemaña nazi e á dereita o da Unión Soviética (Biblioteca Gallica A Exposición Internacional de París de 1937, baixo o lema Exposición Internacional das Artes e das Técnicas na vida moderna, foi a sexta celebrada nesta cidade París organizou antes as Exposicións de 1855, 1867, 1878, 1889, 1900, á parte doutras locais en 1925 e 1931. Esta de 1937 foi a última ocasión que tivo lugar un evento deste tipo en París. desde que naceron en Londres, en 1851. Anteriormente a esta data celebráranse outras exposicións similares pero tiñan un carácter nacional ou sectorial.
Inaugurouse o 25 de maio de 1937 Outras fontes dan como data da inauguración o 4 de maio ., da man do presidente Albert Lebrun (1871-1950), e pechou o 25 de novembro. No pavillón que instalou o Goberno republicano español estivo exposto o Guernica, o coñecido mural de Picasso que denuncia o bombardeo da cidade vasca do mesmo nome pola aviación alemá no transcurso da Guerra civil española.
Organización e construción miniatura|Pavillón alemán Constituíu un notable traballo de organización e urbanístico, con máis de dous quilómetros de paseos e un número considerable de pavillóns que representaban a países de todo o mundo. Construíuse no centro de París, ó redor da Torre Eiffel, inicialmente sobre o Campo de Marte e os xardíns de Trocadero, para irse ampliando ó longo das beiras do Sena, entre Inválidos e Trocadero. A maior parte dos pavillóns foron construcións temporais pero algúns permanecen actualmente, como o palacio de Chaillot, que substituíu o antigo Palacio de Trocadero.
A declaración de intención de organizar a mostra internacional adoptouse o 7 de outubro de 1932, e o nomeamento de comisario xeral, na persoa de Edmond Labbé, o 15 de xullo de 1934. A exposición presentouse como proba de que a arte e a tecnoloxía non eran conceptos incompatibles. Dada a situación internacional do momento, trala depresión económica de 1929 e ante o crecemento das tensións políticas derivadas dos fascismos alemán e italiano, a Exposición Internacional tamén se marcou como obxectivo promover a paz mundial.
Dentro dese obxectivo de exaltar a incidencia da ciencia, dos novos coñecementos científicos, creouse unha mostra para ser expostos ós visitantes, no Palacio do Descubrimento.
A inauguración estaba prevista para o 1 de maio, día dos traballadores, pero as obras sufriron continuos atrasos por mor de folgas e sabotaxes, polo que a apertura non tivo lugar ata o día 25, case un mes despois da data prevista. Mesmo numerosos pavillóns continuaron en obras despois da inauguración, como foi o caso do español, que non se remataría ata o 12 de xullo.
Datos estatísticos Foi clasificada como de segunda categoría. Superficie: 105 hectáreas. Países participantes: 45 (27 europeos, 10 americanos, 3 asiáticos, 2 africanos, 1 de Oceanía, máis Chile e a China como participantes non oficiais). Expositores: 11.000. Visitantes: 31 040 955. Custo: 1 443 288.391 francos franceses, cun beneficio de cerca de 218 millóns de francos.
Os pavillóns Entre os distintos pavillóns abertos destacaron como máis espectaculares o de Alemaña, do arquitecto nazi Albert Speer, e o da Unión Soviética, do arquitecto Borís Iofan, que mereceron a medalla de ouro da Exposición.
O pavillón de España nesta Exposición Internacional foi deseñado polos arquitectos Josep Lluís Sert e Luis Lacasa, e realizado por Sert e Antonio Bonet, nunha clara mostra do racionalismo español. Os arquitectos foron nomeados para construílo o 17 de decembro de 1936 e a finais de mes xa presentaran o proxecto. A primeira pedra colocouse o 27 de febreiro A maqueta presentada pode verse aquí e tamén no Museo Raíña Sofía ..
Situouse na avenida de Trocadero, sobre un terreo irregular e en pendente, cunha superficie de 1.400 m2. O edificio, de tendencia racionalista, construíuse nunha estrutura de aceiro á vista pintada en cores planos (branco, negro, gris e vermello). Sert, máis vangardista, foi quen decidiu o deseño final, de liñas básicas e modernistas, sobre a idea de Lacasa, de carácter máis historicista. Parece ser que se trataba dun dos pavillóns máis pequenos e humildes da Exposición, o que non impediu que recibise os eloxios dos críticos contemporáneos pola moderna concepción arquitectónica, unha obra mestra de deseño vangardista .
(Hacia una arquitectura racional española. Epílogo: de Barcelona (1929 a París (1937)(Summa Artis Antología XIII, Espasa 2004, 157-160).)
A participación nesta obra supuxo para os dous arquitectos ser posteriormente xulgados por responsabilidades políticas, e foi a última obra construída por Sert en España. Pero a represión non só alcanzou a Sert: Giner de los Ríos publicou en 1952 a listaxe completa dos arquitectos españois represaliados e exiliados, concluíndo que a ausencia de tan excelentes artistas explica a profunda caída sufrida pola arquitectura española a partir de 1939.
A construción, descrita como moi barata, fíxose con fortes limitacións temporais e económicas, froito das circunstancias que atravesaba o país, polo que se recorreu a elementos prefabricados (de fibrocemento ondulado, paneis de aglomerado e de material sintético) que permitiran unha fácil montaxe (construíuse nun prazo de tan só cinco meses). O edificio estaba repartido nunha planta baixa, destinada a administración e servizos, e dúas plantas, destinadas a exposicións; estas comunicábanse entre si cunha rampla en ferradura, aínda que tamén existía unha escaleira interior. Abríase a un espazo central aberto, de grandes dimensións, cuberto cun toldo pregable, que se utilizou para proxeccións, actuacións musicais e teatro ó aire libre. Parte das fachadas estaban cubertas por grandes fotomontaxes móbiles.
Os críticos coinciden en que o principal obxectivo do Goberno republicano era achegar a simpatía do mundo ante a Guerra Civil que desde un ano antes dividía España. As circunstancias derivadas da guerra determinaron a concepción do proxecto, esquecendo o lema inicial da Exposición referido á arte e as ciencias. Intentaba ser un manifesto ó mundo con resonancias antifascistas e acabou converténdose na testemuña da tráxica situación política do país. Da intencionalidade política do proxecto e o seu contido é exemplo a inscrición que figuraba na fachada: "Hai máis de medio millón con baionetas nas trincheiras que non vai deixar avanzar máis" .
O pavillón inaugurouse o 12 de xullo, coa asistencia dos artistas alí representados (Picasso, Miró ou Calder) e outros artistas que daquela residían en París, como Vicente Huidobro ou Juan Larrea. Celebrouse unha gran festa, con música popular e actuacións de grupos de bailes rexionais. Á noite, celebrouse outra festa na sede da embaixada de España en París. Durante a Exposición proxectáronse doce películas e documentais de carácter histórico, cultural e político, sen especial referencia á Guerra Civil. Este aspecto da mostra foi programado por Luis Buñuel, daquela Coordinador de Propaganda ó Servizo da Información na Embaixada española en París. Buñuel foi, tamén, o produtor da longametraxe La hija de Juan Simón (1935), que se proxectou no patio cuberto do pavillón.
Exterior miniatura|Reprodución da escultura de Alberto Sánchez, hoxe ante o Museo Raíña Sofía No exterior do pavillón colocáronse catro esculturas. A de Alberto Sánchez, El pueblo español tiene un camino que conduce a una estrella, ante a fachada principal. De Pablo Picasso, unha titulada Gran cabeza de muller, baixo a escalinata da entrada. Foi creada en 1931 no estudio de Boisgeloup (Gisors), e representaba a imaxe de Marie Thérèse Walter. . Tamén foi realizada con anterioridade (en 1933), no estudio de Boisgeloup. De Julio González, La Monserrat, en ferro vello, de 4 m de altura. Representa unha labrega co fillo no colo e unha fouce na man dereita. Posteriormente, Julio González fixo variacións desta obra, reducindo a escultura ó busto ou á cabeza, cun xesto de máximo sufrimento.
A estatua de Alberto Sánchez foi reconstruída e colocada ante a fachada do Museo Raíña Sofía. O museo conserva dous bosquexos da obra tallados en 1937 co gallo da Exposición.
A Montserrat hoxe exponse no Museo Stedelijk, de Ámsterdan.
Planta baixa miniatura|300px|Reprodución do Guernica, de Picasso Na planta baixa, o elemento máis destacado foi o mural Guernica, pintado por Picasso ex profeso para esta Exposición. Fronte ó cadro, no centro do acceso ó pavillón, instalouse unha escultura de Alexander Calder, baixo o título de A fonte de mercurio , na honra dos mineiros de Almadén. A obra estaba construída a ras do chan, para que non obstaculizase a vista do Guernica e de forma que semellase un diálogo entre as dúas obras. As dimensións e protagonismo do mural obrigaron no último momento á eliminación dun piar metálico no edificio, co que se conseguía unha mellor visibilidade.
O mural non resultou satisfactorio para tódolos responsables da embaixada e organizadores do pavillón, de gustos estéticos máis realistas. Mesmo chegou a propoñerse a substitución por outro mural que estaba instalado na segunda planta, de Horacio Ferrer, titulado Madrid 1937 (avións negros) Hoxe, exposto no Museo Raíña Sofía. Pode verse aquí ., e foi a insistencia de Sert () a que conseguiu manter o cadro no seu lugar de honra e recollía así o efecto que causou no público:
No pavillón expuxéronse seis esculturas de Picasso completando a mostra En 1985 descubríronse no archivo da Guerra Civil de Salamanca os xustificantes de pago polo goberno republicano destas seis esculturas, que finalmente pasaron a form,ar parte dos fondos do Centro cultural George Pompidou (El País, 3.12.1985), de París entre elas: Busto de muller e Cabeza de muller con ollos saltóns, de cemento, realizadas expresamente para a ocasión, e Bañista, en bronce, propiedade do autor. Igualmente presentáronse na exposición os seus gravados titulados Soño e mentira de Franco, moi críticos coa figura de Franco.
Á esquerda colocáronse varias vitrinas para expoñer folletos e diversas publicacións, e un punto de venda de postais, libros, obxectos e reproducións.
A montaxe de Alexander Calder pretendía poñer en evidencia a importancia estratéxica do mercurio que, ademais do seu elevado prezo, se utilizaba para as baterías antiaéreas. Tratábase dunha cascada de mercurio sobre un vaso pintado de alcatrán, para resaltar o brillo do metal líquido.
Outro elemento salientable neste espazo foi unha gran fotografía do poeta Federico García Lorca, asasinado o 18 de agosto de 1936. Nunha das fotomontaxes transcribiuse parte do poema Romance da Garda Civil.
O Guernica e A dama oferente están hoxe expostas no Museo Raíña Sofía. As outras estatuas do mesmo autor están no Museo Picasso, de Antibes.
O conxunto A Fonte de mercurio atópase na Fundación Miró, de Barcelona.
Primeira planta Na primeira planta colocáronse distintas fotomontaxes sobre as actividades económicas do país, con fotografías e textos sobre a industria nacional, a agricultura, a educación, a sanidade etc. Foron realizados polo artista e cartelista Josep Renau. Incluíase unha sección sobre os desastres da guerra, con grandes fotografías das vítimas, os meniños orfos, a destrución do patrimonio artístico e monumental etc.
No relanzo entre esta planta e a superior, un gran mural de Joan Miró representaba unha alegación sobre a liberdade: Payés catalán en rebeldía . Baixo o mural escribiuse o texto do himno catalán Els Segadors. Miró explicou así a súa intervención Martín Martín, Fernando El pabellón español en la exposición Universal en París en 1937, Sevilla 1983 .:
O mural foi destruído cando se desmantelou a Exposición.
Segunda planta Estaba destinada ás seccións de artes plásticas e artes populares.
O pavillón español de Barcelona 300px|miniatura|Reprodución do pavillón español, en Barcelona