A comarca de Santander (ou da Baía de Santander) é unha comarca de Cantabria, en España. Está limitada ao oeste pola Comarca do Besaya, ao sur coa dos Valles Pasiegos, ao leste coa de Trasmiera e ao norte linda co mar Cantábrico. É de carácter claramente industrial e urbano, está constituída polo propio municipio de Santander (capital da comarca), e o arco da baía e ao sur ata o municipio de Penagos e a serra da Matanza.

A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da Comunidade Autónoma de Cantabria.

Demografía A poboación total da comarca alcanza a cifra de 262.595 habitantes, segundo datos do INE do ano 2007. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maio a menor, son: Santander (181.802), Camargo (30.663) e Piélagos (17.681). E os seus menos poboados son: Penagos (1.679) e Villaescusa (3.481).

Cabe destacar que unha porción desta comarca xunto con parte da comarca do Besaya e algúns municipios doutros territorios, forma a área metropolitana de Santander-Torrelavega. Esta conurbación está formada principalmente por ambas as cidades, pero que xunto ás localidades e municipios lindeiros constitúe unha importante área de servizos e industria, que na lista das áreas metropolitanas que excedían en 2007 os 300.000 habitantes en España, ocupa a 21º posición.Proyecto Audes . Datos de población oficiales del INE (01-01-2005). Real Decreto 1358/2005, de 18 de noviembre. (Datos de conurbación para Madrid, Barcelona, Valencia y Sevilla. Datos de área metropolitana para el resto)

Concellos  Concellos máis poboados da comarca PosiciónConcelloPoboación1ºSantander||align=right|181.802 |- |2º||align=left|Camargo30.6633º'''Piélagos17.681 El Astillero Camargo Miengo Penagos Piélagos Santa Cruz de Bezana Santander Villaescusa

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas GoogleMaps: Vista desde satélite, ampliable

Santander