A Cidade de Bruxelas (Ville de Bruxelles en francés, Stad Brussel en neerlandés, Stadt Brüssel en alemán) é o meirande concello e centro histórico da Rexión de Bruxelas-Capital, así como a capital de Flandres (da que non forma parte) e de Bélxica.Artigo 194 da Constitución de Bélxica A cidade tamén é o centro administrativo da Unión Europea e acolle un bo número das súas institucións no Barrio Europeo.
Ademais da cidade histórica central situada dentro do Pentágono, a cidade de Bruxelas abrangue algúns dos arredores inmediatos da cidade dentro da gran Rexión de Bruxelas-Capital, é dicir, os antigos municipios de Haren, Laeken e Neder-Over-Heembeek ao norte, así como a avenida Louise/Louizalaan e o parque Bois de la Cambre/Ter Kamerenbos ao sueste, onde limita cos municipios de Flandres.
Segundo datos do 1 de xaneiro de 2022, a cidade de Bruxelas tiña unha poboación total de 188 737 habitantes. Cunha área de 33,09 km², ten unha densidade de poboación de 5 700 hab/km². En 2007, había unhas 50 000 persoas non belgas rexistradas na cidade.Statistics foreign population in Belgium by municipality (in French and Dutch only) Ao igual que o resto dos concellos da Rexión de Bruxelas-Capital, é legalmente bilingüe en francés e flamengo.
Historia miniatura|esquerda|200px|Concello de Bruxelas Bruxelas celebrou o seu milenario en 1979, a historiografía tradicional data a fundación de Bruxelas en 979 pero ningún escrito ou fonte arqueolóxica permitiu corroborar esa data. Atópanse nela os edificios sede das principais institucións da Unión Europea. Aínda que o primeiro poboamento do val semella datar da época merovinxia (século VII, Bruocsella, "morada no pantano"), coa presenza dalgúns pequenos oratorios ou capelas, é no século X cando os duques de Brabante constrúen un castrum fortificado nunha das illas do cativo río Senne xunto a unha daquelas, a de St. Gery.
Por outra banda, o leste do río, os pés do outeiro do Treurenberg, xunto a outra, a da patroa local Santa Gúdula, comeza a medrar un poboamento no que era o camiño que unía a rexión renana con Flandres. Entrambos los dous sitios conformouse un burgo en torno a praza do mercado, que logo será a Grand-Place.
É no século XI candos os duques deciden trasladar a súa residencia a un castelo que constrúen noutro outeiro ao sur do Treurenberg, o de Couldenberg. De seguido rodéase todo o conxunto cun cinto de murallas. Este triángulo, St.Gery no río co porto, Santa Gúdula onde se construirá a catedral de San Miguel, e o palacio ducal do Coudenberg, será a armazón básica e nodal da futura cidade.
Bruxelas vai crecer rapidamente co comercio da súa rica industria de panos ata converterse nunha das maiores cidades de Europa no século XIV, desbordando os antigos muros e obrigando a construción dun novo recinto amurallado de preto de oito quilómetros (1379). É con este esplendor cando na praza do mercado constrúese a Casa do Concello (1402-54) gótico flamíxero, e os duques amplían e embelecen o seu Palacio do Coudenberg, facendo da cidade o centro dunha rica actividade artística e cultural (pinturas de Rogier van der Weyden, escultura fonte do Manneken-Pis, de Hieronymus Duquesnoy o Vello; Rubens máis tarde...).( Bruxelas no 1581)
A finais do século XVII, a cidade é bombardeada polo exército francés. A destrución é grande, pero os burgueses reaccionan coa reconstrución do abraiante conxunto que rodea a Grand-Place. Lamentablemente, nun incendio en 1731 pérdese a xoia que representaba o conxunto do Palacio Ducal. No seu lugar aparecen hoxe a Praza e o Palacio Real así coma o museo de belas artes.
A decadencia continuou con Bruxelas coma un centro menor (capital da recentemente creada Bélxica en 1830), e só as obras de Victor Horta pertencentes á art nouveau coma feito arquitectónico destacable no final do XIX.
Trala segunda guerra mundial, a cidade celebra a Feira Mundial de 1958 (co famoso Atomium). Doutra banda, na década dos cincuenta comeza a tomar forma a idea dunha unión europea e comezan a crearse organismos e faise necesaria unha sede. A situación xeográfica de Bruxelas e o feito de pertencer a un país pequeno axuda que se converta na sede de organismos internacionais, especialmente os da Comisión Europea co que pasa a ser a capital de facto da Unión Europea. Os edificios administrativos da mesma concéntranse no Quartier Leopold, ao leste do Palacio Real.
A Cidade de Bruxelas é o máis grande dos 19 municipios que compoñen a rexión de Bruxelas-Capital, unha das tres rexións, xunto con Flandres e Valonia en que está dividida Bélxica. A primeiros de xaneiro de 2006, a cidade tiña unha poboación de 153.659 habitantes.
Aínda que oficialmente a Cidade de Bruxelas é a capital de Bélxica, na práctica é a Rexión de Bruxelas-Capital a que exerce como tal, como tamén é a capital das comunidades francófona e flamenga de Bélxica, a rexión tiña unha poboación de 1 067 162 habitantes, nunha área de 161 km², o que lle confire unha densidade de poboación de 6.601 habitantes por km². A aglomeración urbana, que se estende para alá das fronteiras da rexión, ten preto de 1 774 000 habitantes.
Barrios Pentágono miniatura|204x204px|Mapa do Pentágono de Bruxelas e os seus barrios (nomes en francés). O Pentágono ou o centro da cidade de Bruxelas é a zona histórica de Bruxelas que se atopa dentro dos límites da circunvalación interior do Anel Pequeno. O Anel Pequeno está situado no lugar das segundas murallas de Bruxelas, que foron construídas no século XVI. Como na maioría das cidades europeas, estas murallas foron substituídas por grandes bulevares a finais do século XIX.
O Pentágono, dentro do Anel Pequeno, ten unha superficie de 4,61 km² e ten forma máis ou menos pentagonal ou de corazón, de aí o seu nome. En 2013, 51 566 persoas vivían alí, principalmente no barrio de Marolles/Marollen e ao oeste dos bulevares centrais. A maioría da poboación de Bruxelas vive fóra do Pentágono, na zona norte do municipio.
Barrio Central Atópase no corazón da illa de Saint-Géry/Sint-Goriks, formada polo río Senne, e sobre a que se construíu unha primeira torre sobre o ano 979, onde se sitúa a orixe de Bruxelas. Hoxe, o barrio dos Halles Saint-Géry/Sint-Gorikshallen, un antigo mercado cuberto, é un dos barrios máis modernos da capital. Neste Barrio Central (en francés: Quartier du Centre, en neerlandés: Centrumwijk), hai algúns vestixios das primeiras murallas de Bruxelas do século XIII, que rodeaban a zona comprendida entre o primeiro porto do Senne, a antiga igrexa románica (máis tarde substituída pola catedral gótica brabantina de San Miguel e Santa Gúdula), e o antigo palacio ducal de Coudenberg no actual Barrio Real. No centro deste triángulo están a Grand-Place/Grote Markt (praza principal de Bruxelas); o barrio de Îlot Sacré, que toma o seu nome pola súa resistencia aos proxectos de demolición, atravesado el mesmo polas Galerías Reais Saint-Hubert; o barrio de Saint-Jacques/Sint-Jacobs, que acolleu aos peregrinos camiño de Santiago de Compostela; así como o antigo edificio da Bolsa de Bruxelas, construído no lugar dun antigo convento franciscano, cuxos restos quedaron ao descuberto.
Barrio Real O Barrio Real (en francés: Quartier Royal, en neerlandés: Koninklijke Wijk ou Koningswijk) chámase así porque acolle, por unha banda, a Place Royale/Koningsplein ("Praza Real" ou "Praza do Rei"), construída baixo mandato de Carlos Alexandre de Lorena no outeiro de Coudenberg, no lugar do antigo Palacio dos Duques de Brabante, do que aínda existen certos niveis de cimentación, e, por outra banda, o Palacio Real de Bruxelas, que se enfronta ao Parque de Bruxelas, por outro lado, da que é o Parlamento Federal de Bélgica. Debaixo do Distrito Real atópase a Estación Central e o Mont des Arts/Kunstberg onde se atopan a Biblioteca Real de Bélxica (KBR), a Filmoteca Real Belga (Cinematek), o Centro de Belas Artes de Bruxelas, o Museo do Cine, o Museo de Instrumentos Musicais (MIM), o Museo BELvue e os Museos Reais de Belas Artes de Bélxica.
Barrio do Sablon/Zavel Desde a Place Royale/Koningsplein, a Rue de la Régence/Regentschapsstraat atravesa o barrio do Sablon/Zavel (en francés: Quartier des Sablons, neerlandés: Zavelwijk), que se compón da praza Grand Sablon/Grote Zavel ao noroeste e a pequena praza e xardín Petit Sablon/Kleine Zavel no sueste, dividida pola igrexa da Nosa Señora do Sablon. É un barrio elegante, onde se celebra un mercado de antigüidades, e no que os comerciantes de antigüidades e de arte, así como outras tendas de luxo, teñen os seus negocios. Non lonxe de alí estaba o edificio Art Nouveau coñecido como Casa do Pobo/Volkshuis, do famoso arquitecto Victor Horta, ata a súa demolición en 1965. O Sablon tamén acolle o Palacio de Egmont e o conservatorio Real de Bruxelas.
Barrio de Marolles/Marollen Á sombra do xigantesco Palacio de Xustiza atópase o antigo barrio de Marolles/Marollen (, , non confundir con Marolle que os puristas delimitan a tan só sete rúas). Dende a / á Place du Jeu de Balle/Vossenplein, onde se celebra un mercado na rúa dende o ano 1873, pola / e a /, onde as tendas de segundas man e as tendas de proximidade foron substituídas por tendas de antigüidades, o que supuxo un gran cambio no barrio. A Cité Hellemans, un bo exemplo de conxuntos de vivendas colectivas de principios do século XX, tamén se atopa en Marolles. A Rue Haute, unha das rúas máis longas e antigas da cidade, segue o curso dunha antiga estrada galorromana, e percorre o Hospital de San Pedro, construído en 1935 no lugar dun hospital de leprosos, para rematar na porta de Halle, o único supervivente da serie de portas que permitían o paso dentro das segundas murallas de Bruxelas.
Barrio de Midi–Lemonnier ou de Stalingrado É no corazón do barrio de Midi–Lemonnier (, ) onde hoxe se atopa a Praza Rouppe/Rouppeplein, a primeira estación do sur de Bruxelas, chamada estación de ferrocarril de Bogards polo convento homónimo a partir do que se construíu, e do que a / é hoxe a única referencia desde 1839, no termo da liña sur. A antiga presenza dunha estación neste lugar explica tamén o ancho infrecuente da actual Avenida de Stalingrado/Stalingradlaan, que vai desde a praza ata o Anel Pequeno, despexada das súas vías férreas desde a inauguración da estación de Bruxelas Sur, construída fóra do Pentágono en 1869. Por iso, o barrio chámase ás veces o barrio de Stalingrado (, ). Ao mesmo tempo, trala cobertura do río Senne, o barrio viu a construción de grandes bulevares centrais ao estilo Haussmann, incluíndo o bulevar Maurice Lemonnier/Maurice Lemonnierlaan, limitado pola Praza Fontainas/Fontainasplein e a Praze Anneessens/Anneessensplein (antiga localización do mercado vello), así como polo Palacio do Midi. Cada domingo pola mañá, o distrito de Midi acolle o segundo mercado máis grande de Europa.
Barrio do Senne/Zenne ou de Dansaert