Thelma e Louise (en ) é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que se estreou en 1991.
Foi emitido na TVG o 30 de novembro de 1994.La Voz de Galicia, 30 de novembro de 1994. Páx. 71
Sinopse Thelma Dickinson, unha ama de casa de vida baleira e anódina, está casada cun cretino detestable que a trata como a unha criada. Pola súa parte, Louise Sawyer traballa como camareira nunha cafetería e soña con que o seu mozo Jimmy, que é músico, case con ela. Unha fin de semana deciden facer unha viaxe xuntas no coche de Louise para afastarse da mortal rutina das súas vidas e de todas as súas frustracións. Porén, a súa escapada, que prometía ser divertida e, sobre todo, liberadora, acaba sendo unha experiencia chea de episodios dramáticos.
Personaxes Susan Sarandon como Louise Elizabeth Sawyer Geena Davis como Thelma Yvonne Dickinson Harvey Keitel como Detective Hal Slocumb Michael Madsen como Jimmy Lennox Christopher McDonald como Darryl Dickinson Stephen Tobolowsky como Max Brad Pitt como J.D. Timothy Carhart como Harlan Puckett Jason Beghe como State Trooper Marco St. John como Truck Driver
Galardóns e nomeamentos 1991: Oscar: Mellor guión orixinal. 6 nomeamentos. 1991: Globo de Ouro: Mellor guión orixinal. 4 nomeamentos. 1991: BAFTA: 8 nomeamentos, incluíndo filme, director, fotografía e bso. 1991: Seminci: Espiga de Ouro: Mellor filme. 1991: Nomeada ó Cesar: Mellor filme estranxeiro 1991: David de Donatello: Mellor filme estranxeiro 1991: 2 premios National Board of Review: Mellores actrices (Susan Sarandon e Geena Davis)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1991 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ridley Scott Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Utah Categoría:Filmes ambientados en Novo México Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes sobre asasinos Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1991 con versión en galego