O Complexo Deportivo das Eiroas é unha instalación deportiva situado na parroquia de Bértoa, no Polígono industrial; o seu propietario é o concello de Carballo.
Ten dous recintos dedicados á práctica do fútbol, o Campo Municipal das Eiroas (inaugurado no 2001) e un campo anexo (inaugurado no 2009, cunhas dimensións de 99 x 51 e con capacidade para 2500 espectadores). No estadio principal xoga os seus partidos como local o principal equipo de fútbol da localidade, o Bergantiños FC.
No 2008 renovouse o céspede artificial. Nestas instalacións agroman os talentos das Escolas Luis Calvo Sanz, encargadas da base do fútbol carballés.
Véxase tamén Ligazóns externas Información na web do Concello de Carballo
Eiroas Categoría:Instalacións deportivas de Carballo