Qin Jiushao (en chinés tradicional: 秦九韶; en chinés simplificado: 秦九劭; en pinyin: Qín Jiǔshào; en Wade-Giles: Ch'in Chiu-Shao), nado en 1208 e finado en 1261, foi un matemático chinés, actualmente considerado como un dos máis grandes matemáticos do século XIII. Ademais era experto en moitos outros campos e desempeñou varios postos administrativos na burocracia de varias provincias chinesas.

A reputación de Qin Jiushao como matemático baséase no 数书九章 Shùshū jiŭzhāng (Tratado Matemático en Nove Seccións) editado en 1247. O tratado cubría asuntos que abarcaban desde a análise indeterminada até asuntos militares e inspeccións. No tratado, Qin incluía a unha versión do teorema chinés do resto, que usaba algoritmos para solucionar problemas.

Qin explica por primeira vez como expertos chineses calculaban datos astronómicos segundo o ritmo do solsticio de inverno. Entre os seus logros está a introdución dunha técnica para solucionar ecuacións, achar sumas de series aritméticas e solucionar sistemas lineais. Tamén introduciu o uso do símbolo cero nas matemáticas chinesas.

Categoría:Matemáticos da China Categoría:Nados en 1202 Categoría:Finados en 1261