miniatura|John Kay tocando en 2007.

miniatura|250px|dereita|Estrela de John Kay na Paseo da fama do Canadá. Canadaswalkoffame - Data de acceso 3 de maio de 2010.

Joachim Fritz Krauledat, nado en Tilsit o 12 de abril de 1944, é un músico de rock canadense de orixe alemá, máis coñecido como John Kay.

Traxectoria Naceu no marco da segunda guerra mundial na cidade de Tilsit, daquela pertencente a Prusia Oriental. Ante o avance das tropas soviéticas cara á rexión a comezos de 1945 e co temor a que a poboación alemá sufrira represalias, a súa nai Elsbeth Krauledat, viúva de guerra, colleu o seu neno e fuxiu con milleiros de compatriotas, no que se coñece como a Evacuación de Prusia Oriental. Viven ata 1948 en Arnstadt na zona de ocupación soviética e logo en Hannóver, na zona británica.

En 1958 a familia emigrou a Toronto (Canadá), e despois, en 1963, a Buffalo nos Estados Unidos. En 1965 uniuse á banda canadense de blues rock The Sparrows que tivo un éxito moderado e que se mudou para California no decurso do ano seguinte cambiando o seu nome en 1967 para Steppenwolf, con Kay como vocalista, chegando ao éxito con cancións como Born to Be Wild. En 1994 publicou a súa autobiografía Magic Carpet Ride: The Autobiography of John Kay and Steppenwolf.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Steppenwolf's official website .

Categoría:Músicos do Canadá Categoría:Personalidades do rock Categoría:Cantantes do Canadá Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados no óblast de Kaliningrado Categoría:Músicos de Alemaña Categoría:Persoas cegas