A Cuadrilla de Añana (en éuscaro: Añanako Kuadrilla) é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco.
Sitúase ao suroeste da provincia de Áraba, cunha superficie de 718,3 km² e unha poboación de 8.726 habitantes (2010) e inclúe os municipios de Añana, Armiñón, Berantevilla, Erribera Beitia, Erriberagoitia, Gaubea, Iruña Oka, Kuartango, Lantarón e Zambrana. A sede das institucións comarcais atópase na poboación de Rivabellosa no municipio de Erribera Beitia, aínda que o municipio máis poboado é Iruña de Oca con máis do 30% da poboación.
Concellos Concello Extensión(km²) Poboación (2010)(hab.) Densidade(hab./km²) Añana 21,92 175 7,98 Armiñón 10,6 225 21,23 Berantevilla 35,73 499 13,97 Erriberagoitia / Ribera Alta 119,78 750 6,26 Iruña Oka / Iruña de Oca 53,25 2.973 55,83 Kuartango 84,39 335 4,21 Lantarón 61,77 957 15,49 Ribera Baja / Erribera Beitia 27,74 1.303 46,97 Valdegovía / Gaubea 244,06 1.106 4,53 Zambrana 39,51 383 9,69 698,75 8.706 12,46
Véxase tamén Ligazóns externas Cuadrilla de Añana
Añana