miniatura|Asemblea de Madrid.
A Asemblea de Madrid (en castelán: Asamblea de Madrid) é o parlamento autonómico da Comunidade de Madrid. Representa os habitantes da rexión exercendo a potestade lexislativa. Aproba os orzamentos do goberno rexional e controla e impulsa a acción política e de Goberno. Os deputados que forman a Asemblea de Madrid son elixidos por un prazo de catro anos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. O edificio da Asemblea de Madrid, inaugurado en 1998, está situado na praza Asemblea de Madrid, 1, no distrito de Puente de Vallecas, en Madrid.
Composición A Asemblea de Madrid componse dos seguintes grupos parlamentarios:
Partidos políticos na Asemblea de Madrid durante a X Lexislatura Nome Candidato Escanos Partido Popular Cristina Cifuentes 48 Partido Socialista Obrero Español Ángel Gabilondo 37 Podemos José Manuel López 27 Cidadáns - Partido da Cidadanía Ignacio Aguado 17
Presidentes
A actual presidenta da Asemblea de Madrid na X Lexislatura é Paloma Adrados, do Partido Popular tralas eleccións de 2015. <p align="center">Lista de Presidentes da Asemblea de Madrid</p>
| bgcolor="#EFEFEF" | Nome | bgcolor="#EFEFEF" | Partido| bgcolor="#EFEFEF" | Ano inicio| bgcolor="#EFEFEF" | Ano fin''' Ramón Espinar Gallego PSOE 1983 1987 Rosa María Posada Chapado CDS 1987 1991 Pedro Díez Olazábal IU 1991 1995 Juan Van-Halen Acedo PP 1995 1999 Jesús Pedroche Nieto PP 1999 2003 Concepción Dancausa Treviño PP 2003 2007 Elvira Rodríguez PP 2007 2011 José Ignacio Echeverría PP 2011 2015 Paloma Adrados PP 2015
Véxase tamén Outros artigos Goberno da Comunidade de Madrid Ligazóns externas Páxina web da Asemblea de Madrid .