Cineuropa é un festival de cinema celebrado cada novembro na cidade de Santiago de Compostela.

Características A primeira edición tivo lugar en 1987, e celebrouse anualmente, agás en 1995. Á edición de 2011 presentáronse máis dun cento de filmes en cinco salas distintas da cidade: o Teatro Principal, Salón Teatro, a Sede da Fundación Nova Caixa Galicia-CSM, o Auditorio de Galicia e mais o CGAC. Desde entón foi crecendo, e na 35ª edición durante 17 días proxectáronse 161 filmes (151 longametraxes e 10 curtas), creadas por cineastas de 43 nacionalidades.

Seccións oficiais

Novos e novas cineastas Cine europeo Panorama internacional Panorama audiovisual galego Docs Cineuropa

Ademais das sección oficiais, ten diferentes ciclos que varían cada ano, e con actividades paralelas como obradoiros para cativos de entre 8 e 18 anos, programas como Cinema en Curso (coordenado en Galiza en 2021 por Xacio Baño, Jaione Camborda, Ángel Santos e outros, con presenza en diversas autonomías de España, en Alemaña, Chile e México), mesas de debate ou conferencias.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do festival

Categoría:Festivais de cinema de Galicia Categoría:Santiago de Compostela