é unha serie de animación xaponesa, secuela de Digimon Adventure e a trama ten lugar tres anos despois da serie orixinal.
Sinopse Os personaxes principais de Digimon Adventure están agora no instituto, e o Digital World está supostamente en paz e a salvo. Pero, un novo mal aparece nese mundo na forma do Digimon Emperor (Digimon Kaiser). Este novo malvado é diferente, pois é humano ó igual que os nenos elixidos. O Digimon Emperor estivo escravizando ós Digimon, por medio dos Aneis Negros e as Agullas de Control, e ademais fixo que agora sexa imposíbel a Digivolución normal. Tres novos nenos son escollidos para salvar o Digital World e, xunto con T.K. e Kari, forman a nova xeración de nenos elixidos.
Personaxes Personaxes principais Personaxe Actor de dobraxe Digimon Actor de dobraxe Davis MotomiyaMotomiya Daisuke (本宮 大輔) Reiko Kiuchi (XAP) VeemonV-mon Junko Noda (XAP) O novo líder dos nenos elixidos. Ó igual que Tai da primeira serie, é valente, pero moi testán e impulsivo. Está namorado de Kari, e por iso ten unha certa rivalidade con T.K. Ten os digi ovos do Valor e da Amizade. Yolei InoueInoue Miyako (井ノ上 京) Rio Natsuki Hawkmon Kōichi Tōchika Unha enerxética nova nena elixida. Ela é obstinada e testalana por veces, pero aseméllase a Izzy cando se trata das súas habilidades informáticas e coñecementos técnicos. Ten os digi ovos do Amor e da Sinceridade. Cody HidaHida Iori (火田 伊織) Megumi Urawa ArmadillomonArmadimon Megumi Urawa É o máis novo da nova xeración, pero a pesar disto, é moi maduro e pensa as cousas con coidado, igual que Joe de Digimon Adventure. Ten os digi ovos do Coñecemento e a Sinceridade. T. K. TakaishiTakaishi Takeru (高石 タケル) Taisuke Yamamoto Patamon Miwa Matsumoto É un dos nenos elixidos de Digimon Adventure, e é o irmán máis novo de Matt. Dende a primeira serie, chegou a ser máis sensato nas situacións perigosas. Ten o digi ovo da Esperanza. Kari KamiyaYagami Hikari (八神 ヒカリ) Kae Araki GatomonTailmon Yuka Tokumitsu Ela é un dos oito nenos elixidos de Digimon Adventure, e é a irmá máis nova de Tai. Nesta serie, Kari volveuse máis extravertida e optimista. Ten o digi ovo da Luz. Ken IchijoujiIchijōji Ken (一乗寺 賢) Romi Park Wormmon Naozumi Takahashi Presentado como un prodixio no deporte e nos resultados académicos, Ken foi un neno elixido un ano antes que o resto dos personaxes principais da serie. As súas habilidades foron reforzadas por unha Agulla de Control, pero volveuno tolo e converteuse no Emperados Digimon. Comezou a conquistar o mundo dixital, pensando que era un simple videoxogo. Máis tarde únese e faise amigo do grupo, arrepentido por como se portara cos nenos elixidos, innumerables Digimon, e cos seus pais. Durante o tempo como Emperador Digimon, Ken era distante e cruel, pero despois volveu ser un rapaz normal e amable.
Véxase tamén Outros artigos Digimon Lista de digimons
Categoría:Digimon