é unha serie de animación xaponesa creada en 1999 por Toei Animation, baseada no filme do mesmo nome. É a primeira serie de animación da franquía Digimon. A serie continúa cos mesmos personaxes en Digimon Adventure 02.
Sinopse O 1 de agosto de 1999, sete nenos do Xapón son repentinamente trasladados a unha estraña dimensión, chamada "Digital World", mentres estaban nun campamento de verán. Durante as súas aventuras, os nenos Tai, Matt, Sora, Izzy, Mimi, Joe, e T.K., descobren que se atopan nun lugar onde habitan criaturas dixitais chamadas "Digimon". Facendo amizade con sete digimon, os nenos aprenden que teñen a habilidade de axudar a evolucionar ós seus compañeiros Digimon (digivolve) en formas máis fortes e poderosas que poden combater ós inimigos durante un curto período de tempo.
Personaxes Os oito nenos elixidos aparecen primeiro, seguidos dos seus compañeiros Digimon.
Personaxes principais Personaxe Actor de dobraxe Digimon Actor de dobraxe Taichi "Tai" KamiyaYagami Taichi (八神 太一) Toshiko Fujita (XAP) Agumon Chika Sakamoto (XAP) O líder dos nenos elixidos e o irmán máis vello de Kari Kamiya. Caracterízase por ser algo testán, pero tamén valente e alegre. Ten o emblema do Valor. Yamato "Matt" IshidaIshida Yamato (石田 ヤマト) Yuuto Kazama Gabumon Mayumi Yamaguchi Aínda que é unha persoa bondadosa e o líder secundario, vese a miúdo como o Lobo solitario do grupo. É o irmán máis vello de T.K. Takaishi. Ten o emblema da Amizade. Sora TakenouchiTakenouchi Sora (武之内 空) Yuko Mizutani BiyomonPiyomon Atori Shigematsu Sora é unha rapaza moi fiable e trata de coidar dos outros nenos. Polo tanto, o seu papel representa unha figura materna para varios personaxes. Ten o emblema do Amor. Koushiro "Izzy" IzumiIzumi Kōshirō (泉 光子郎) Umi Tenjin Tentomon Takahiro Sakurai Un pensador moi intelixente e lóxico, a pesar de estar entre os máis xoves do grupo. Tamén é un experto en informática e emprega constantemente o seu portátil. Ten o emblema do Coñecemento. Mimi TachikawaTachikawa Mimi (太刀川 ミミ) Ai Maeda Palmon Shihomi Mizowaki Nun principio é vista como a egoísta e malcriada do grupo, pero Mimi é cariñosa e moi leal ós seus amigos. Ten o emblema da Inocencia. Joe KidoKido Jō (城戸 丈) Masami Kikuchi Gomamon Junko Takeuchi O máis maior do grupo. É responsable e reflexivo, pero preocúpase demasiado. trata de actuar como a voz da razón do grupo. Ten o emblema da Sinceridade. Takeru "T.K." TakaishiTakaishi Takeru (高石 タケル) Hiroko Konishi Patamon Miwa Matsumoto O máis cativo de todos e irmán máis novo de Matt. Ó comezo depende demasiado dos demais, pero logo aprende a desenvolverse por si mesmo. Ten o emblema da Esperanza. Hikari "Kari" KamiyaYagami Hikari (八神 ヒカリ) Araki Kae GatomonTailmon Yuka Tokumitsu Xentil, pero fráxil, Kari únese ó grupo tempo despois, porque non puido ir ó campamento por estar enferma. É a irmá máis nova de Tai. Ten o emblema da Luz.
Malvados Devimon(デビモン) Episodios 1-13 Kaneto Shiozawa O primeiro malvado co que se atopan os nenos. Destruído por Angemon. Reaparece nos episodios 19 a 21 en Digimon Adventure 02 , onde o Emperador Digimon emprega os seus datos para completar a Kimeramon. Etemon(エテモン) Episodios 14-20, 46-47 Yasunori Masutani (JP) O segundo malvado ó que se enfrontan. Destruído por primeira vez por MetalGreymon, pero máis tarde regresou como MetalEtemon. MetalEtemon foi destruído por SaberLeomon e Zudomon. MyotismonVamdemon (ヴァンデモン) Episodios 20-39 Ryūzaburō Ōtomo Terceiro malvado. Destruído por vez primeira por Angewomon e os outros digimons, pero regresou como VenomMyotismon. Destruído outra vez por WarGreymon e MetalGarurumon. Reaparece en Digimon Adventure 02 como MaloMyotismon, foi destruído por Imperialdramon Fighter Mode. PiedmonPiemon (ピエモン) Episodios 50-52 Chikao Ōtsuka O líder dos Mestre Escuros. Destruído por MagnaAngemon coa axuda de WarGreymon e MetalGarurumon. MetalSeadramonPiemon (ピエモン) Episodios 41-42 Yuuto Kazama O señor do Net Ocean, un gran océano cunhas poucas illas. Cando os nenos elixidos loitaban contra Myotismon en Tokyo, MetalSeadramon tomou o control da porción do océano da Montaña Espiral. Destruído por WarGreymon. MachinedramonMugendramon (ムゲンドラモン) Episodios 48-49 Hisao Egawa O señor da Digital City, que semella unha fusión das cidades máis importantes da Terra. Destruído por WarGreymon. ApocalymonApokarimon (アポカリモン) Episodios 52-54 Chikao Ōtsuka O malvado que orixinalmente puxo ó Digital World en perigo. O creador dos Mestres Escuros e o que lles deu a Devimon, Etemon e Myotismon) os seus poderes. Foi definitivamente destruído polos esforzos combinados de WarGreymon, MetalGarurumon, Garudamon, MegaKabuterimon, Lillymon, Zudomon, MagnaAngemon e Angewomon. PuppetmonPinocchimon (ピエモン) Episodios 43-47 Etsuko Kozakura O menor dos Mestres Escuros e o que máis tempo durou na loita contra os nenos elixidos (cinco episodios). Destruído por MetalGarurumon.
Véxase tamén Outros artigos Digimon Lista de digimons
Categoría:Digimon Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1999 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2000 Categoría:Series de televisión do Xapón