O reino de Gwynedd (pr. [ˈɡwɪnɛð]) é un dos pequenos reinos que formaban Gales na Idade Media. Xurdiu no século V na Britania posromana. Tiña a súa base nas antigas terras britanas de tribos celtas como ordovicos, ganganos e os deceanglos, colectivamente coñecidas como Venedotia nos documentos romano-británicos tardíos. Entre os séculos V e XIII, Gwynedd creceu ata incluír Anglesey e todo Gales do Norte entre o río Dyfi no sur e o río Dee (en galés, Dyfrdwy) no nordés.Davies, John, A History of Wales, Penguin, 1994, foundations of pgs 50-51, 54-55 O mar de Irlanda (Môr Iwerddon) baña as costas de Gwynedd polo oeste e o norte, mentres que as terras que foron parte do Reino de Powys limitan con Gwynedd ao sueste.

Parte da forza de Gwynedd residía en parte na montañosa xeografía da rexión, que facía difícil para os invasores acampar e impor a súa vontade efectivamente.Lloyd, J.E., A History of Wales; From the Norman Invasion to the Edwardian Conquest, Barnes & Noble Publishing, Inc. 2004, Recovers Gwynedd, Norman invasion, Battle of Anglesey Sound, pgs 21-22, 36, 39, 40, later years 76-77

Unha tradición popular atribuída a Nennio, un cronista galés do século X, atribúe a fundación de Gwynedd a Cunedda.Davies, John, A History of Wales, Penguin, 1994, foundations of pg50-51 Segundo Nennio, Cunedda migrou cos seus fillos e simpatizantes desde a rexión celta de Lothian, ao sur de Escocia, no século V.

A corte principal de Gwynedd atopábase orixinalmente en Deganwy, onde estaba a fortaleza de Maelgwn Gwynedd (morto en 547). A liña principal de descendentes de Rhodri o Grande convertería a Aberffraw en Ynys Mon na súa principal sede ata 1170, mentres que os gobernantes posteriores de Gwynedd adoptarían o título de "Príncipe de Aberffraw" ou "Señor de Snowdon". No século XIII Llywelyn Fawr, o seu fillo Dafydd ap Llywelyn e o seu neto Llywelyn ap Gruffydd terían o seu fogar en Abergwyngregyn na costa norte.

Etimoloxía

Segundo John Koch e outros historiadores, o nome latino Venedotia, de onde deriva o galés "Gwynedd"Koch, John. Celtic Culture: a historical encyclopedia, p. 738. (Santa Barbara: ABC-CLIO, 2005). procede da palabra irlandesa "Feni", referido a un grupo específico de poboación na illa e máis tarde usado para designar á poboación irlandesa en xeral e aos homes libres, non escravos, en particular. Sábese que os irlandeses, especialmente os Laigin, conquistaron e colonizaron amplas zonas do norte de Gales entre mediados do século IV e comezos do V.Koch, John. Celtic Culture: a historical encyclopedia, pp. 738-739. (Santa Barbara: ABC-CLIO, 2005).

Alternativamente o nome Gwynedd pode proceder do britano Ueneda, equivalente ao gaélico Fenia (que dá lugar a fiana, banda de guerreiros en irlandés antigo - e. f. Finn e os seus guerreiros). A súa tradición aproximada sería "Terra das bandas guerreiras".Retrocedendo aínda máis, a raiz * uen- é equivalente ao latín vea- e suxire "loitar; desexar, gustar" (a raíz latina venus, "amor", e igualmente venari "cazar"). Véxase Geiriadur Prifysgol Cymru (University of Wales Dictionary), vol. I, pagina 1773

Calquera que sexa a etimoloxía exacta, unha lápida de finais do século V agora na igrexa de Penmacho parece ser o rexistro máis antigo do nome. Conmemora a un nome chamado Cantiorix e a inscrición latina é: "Cantiorix hic iacit/Venedotis cives fuit/consobrinos Magli magistrati". ("Cantorix xace aquí. Foi cidadán de Gwynedd e primo de Maglos o maxistrado"). As referencias a "cidadán" e "maxistrado" suxiren que as institucións romanas perviviran en Gywnedd tras a marcha das lexións.

Historia

Gwynedd na Alta Idade Media

Os fillos de Cunedda

Ao final do período romano, as zonas occidentais de Britania que permaneceran baixo control militar regresaron rapidamente a unha situación de pequenos reinos e tribos. Asaltantes irlandeses, como os Uí Liatháin e os Laigin azoutaban as costas saqueando as poboacións costeiras e facendo prisioneiros para usalos como escravos, pero progresivamente foron asentándose e colonizando amplas zonas do territorio entón coñecido como Venedotia e posteriormente Gwynedd, en especial Llŷn, as costas de Arllechwedd, Arfon e a illa de Mona. Conta a lenda, apoiada por algúns escritos posteriores, que un príncipe chamado Cunedda (moderno "Kenneth") do distante territorio de Manaw Gododdin, probablemente un refuxiado das guerras cos pictos foi enviado a "liberar" estas terras do acoso irlandés en trono ao ano 450. El e os seus fillos expulsaron os irlandeses e á súa morte o reino foi dividido entre os seus fillos segundo a tradición britana. Desta repartición proveñen as antigas divisións de Gwynedd; o seu fillo Dofael recibiu Dogfeiling (Dogfelion), Ceredig herdou Ceredigion e así sucesivamente. Einion Yrth botou aos últimos irlandeses de Môn en 470 e o seu fillo Cadwallon Lawhir consolidou o reino de Gwynedd durante o período de relativa paz que seguiu á Batalla do Monte Badon, na que os anglosaxóns sufriron unha esmagadora derrota. Durante estes anos, conseguiu establecer un reino poderoso.

Despois de Cadwallon, Gwynedd gozou dunha posición preeminente entre os pequenos estados cambrianos do período posromano. Un bisneto de Cunedda, Maelgwn Hir (Maelgwn o Alto), converteuse nun dos máis famosos (ou infames) líderes da historia galesa. Hai varias lendas sobre a súa vida acerca de milagres realizados por el ou na súa presenza. Atribúeselle a celebración da primeira Eisteddfod e é un do cinco reis celtas castigados polos seus pecados polo escritor Xildas, contemporáneo dos feitos (que se refire a el como Maglocunus, 'Príncipe-Sabuxo' en britano) en De Excidio et Conquestu Britanniae. Maelgwn foi descrito curiosamente como "o dragón da illa" por Xildas, en referencia posibelmente a un título (Pendragon?), pero sen dúbida á súa condición de rei britano máis poderoso de Gran Bretaña.

"...ti, o último do que escribo pero o primeiro e maior en maldade, máis que moitos en habilidade, pero tamén en maldade, máis xeneroso no dar pero tamén máis liberal no pecado, forte na guerra pero máis forte para destruír a túa alma...." Gildas Sapiens, De Excidio et Conquestu Britanniae

Maelgwn morreu en 547 por mor da peste, provocando unha crise sucesoria. O seu xenro Elidyr Mwynfawr do Reino de Strathclyde reclamou o trono e invadiu Gwynedd para desprazar ao fillo de Maelgwn, Rhun Hir. Elidyr morreu no intento, pero a súa morte foi vingada polos seus parentes, que arrasaron as costas de Arfon. Rhun contraatacou e resarciuse nas terras dos seus inimigos no que é agora Escocia central. As enormes distancias percorridas polos exércitos suxiren que se moveron a través do Mar de Irlanda, aínda que como case toda a zona do Norte de Inglaterra estaba nestes anos baixo control britano é posíbel que os exércitos se desprazasen a pé. Rhun regresou a Gwynedd e o resto do seu reinado foi moito máis tranquilo. Sucedeuno o seu fillo Beli ao redor de 586.

frameless|dereita|240px

No momento de ascensión do fillo de Beli, Iago en 599, a situación en Britania deteriorouse significativamente. Gran parte da área hoxe coñecida como Norte de Inglaterra fora ocupada polos anglos de Deira e Bernicia e que acabarían creando Northumbria. Entón, Gwynedd e o seu veciño Powys decidiron unir esforzos para parar o avance anglo, pero foron derrotados na batalla de Chester en 613. Tras este desastre, establecéronse os límites aproximados de Gales do Norte, con Caerlleon (actual Chester) e a chaira de Cheshire baixo control anglosaxón. Máis importante aínda foi o illamento ao que quedaron sometidos os britanos de Gales con respecto aos seus parentes de Cumbria e Strathclyde

Cadwallon ap Cadfan

miniatura|200px|esquerda|Lápida de Cadfan ap Iago, pai de Cadwallon ap Cadfan.

A batalla de Chester non acabaría coa capacidade galesa para ameazar Inglaterra. Cadwallon ap Cadfan (624-634), neto de Iago ap Beli foi un dos reis máis poderosos de Gran Bretaña na época. Nos seus primeiros anos embarcouse nunha campaña inicialmente desastrosa contra o Reino de Northumbria que, tras unha serie de derrotas, o levou a se exiliar primeiro en Mona e logo en Ynys Glannauc antes de ir a Dublín, alén do Mar de Irlanda. Cadwallon conseguiu recrutar un grande exército e, tras unha breve estancia en Guernsey, invadiu Dumnonia, liberando aos córnicos da ocupación imposta polo rei anglosaxón Penda de Mercia e obrigando a este a se aliar con el contra Northumbria. Cadwallon atacou os seus antigos inimigos, esnaquizando os seus exércitos e matando varios dos seus reis. Nesta furiosa campaña arrasou Northumbria, capturou e saqueou York en 633 e controlou brevemente o reino. Fontes contemporáneas afirman que masacrou tantos anglosaxóns que pensaban que quería exterminalos. Probabelmente tiñan razón

"...non perdoou ao sexo feminino nin a idade inocente dos nenos, senón que con salvaxe crueldade someteunos a mortes tormentosas, saqueando toda a terra durante longo tempo, e decidiu extirpar a raza dos ingleses dos límites de Bretaña." Beda (Historia ecclesiastica gentis Anglorum)

Con todo, isto acabaría coa súa morte na batalla de Heavenfield no ano 634 xunto ao Muro de Adriano. Grazas a estas accións, el e o seu fillo Cadwaladr Fendigaid foron considerados os dous últimos Reis Supremos de Bretaña. O reinado de Cadwaladr estivo marcado pola estabilidade e pola súa devoción á igrexa, o que lle valeu o título de Fendigaid ou "bendito".

Rhodri o Grande e a primacía de Aberffraw

frameless|dereita|300px

Durante finais do século IX e o século X as áreas costeiras de Gwynedd, especialmente Anglesey, comezaron a sufrir de forma progresiva o azoute viquingo do mesmo xeito que o resto de Europa. A casa de Cunedda por liña masculina extinguiuse definitivamente á morte de Hywel ap Rhodri Molwynog en 825 e, segundo palabras de John Lloyd, "un estraño ocupou o trono de Gwynedd."Lloyd, J.E. History of Wales, Vol.1, p323

Este "estraño" era Merfyn Frych. Con todo, ao examinar a liñaxe de Merfyn, este non foi un estraño, xa que descendía directamente da antiga liña de sucesión. Todas as fontes están de acordo en que era fillo de Esyllt, herdeira e sobriña de Hywel ap Rhodri Molwynog, e que por liña paterna era un dos Homes do Norte e descendente directo de Coel Hen.Chadwick, N. The Celts, Development of the Celtic Kingdoms (1971), p.86 Así, a Casa de Cunedda e a nova de Aberffraw, como se coñecería aos descendentes de Merfyn, terían a Coel Hen como devanceiro común.

Merryn casou con Nest ferch Cadell, irmá de Cyngen ap Cadell rei de Powys, fundando a Casa de Aberffraw onde se atopaba a corte principal. Parece moi probábel que durante o reinado de Merfyn e os seus sucesores se recompilasen e se transcribisen as tradicións e lendas do norte.Ibid

Rhodri o Grande (844 - 878), fillo de Merfyn e Nest conseguiu incorporar Powys despois de que o rei (tío materno seu) falecese durante a súa peregrinación a Roma en 855. Máis tarde, Rhodri casaría coa filla de Gwon de Seisyllwg e á morte deste, Rhodri anexionouse as súas terras. Isto converteuno no primeiro gobernante desde os días de Cunedda en controlar a maior parte de Gales.

Á morte de Rhodri en 878, a relativa unidade de Gales volveu a romperse e unha vez máis os territorios foron divididos entre os seus fillos. O seu primoxénito, Anarawd ap Rhodri herdou Gwynedd e consolidou a primacía de Aberffraw.

A partir de entón, a Casa de Aberffraw reclamaría primacía sobre outros señoríos galeses, incluíndo os poderosos principados de Powys e Deheubarth.Davies, John, A History of Wales, Penguin, 1994, Aberffraw primacy pg 116, patron de bardos 117, Aberfraw relations with English crown pg 128, 135Lloyd, J.E. A History of Wales; From the Norman Invasion to the Edwardian Conquest, Barnes & Noble Publishing, Inc. 2004, Aberffraw primacy pg 220