NOFX é unha banda estadounidense de punk rock procedente dos Ánxeles (California), mudada posteriormente a San Francisco.
Historia A banda formárona en 1983 o vocalista/baixista Fat Mike e o guitarrista Eric Melvin. O batería Erik Sandin uniríase a NOFX pouco despois. En 1991 El Hefe entraría no grupo para tocar a guitarra solista e a trompeta. A banda fíxose famosa co seu álbum Punk in Drublic (1994), que sería certificado ouro, e é na actualidade considerado un álbum clásico de punk para os seareiros e críticos. O éxito de NOFX entre o gran público levou a un crecente interese polo punk rock durante os anos 90, grazas tamén a bandas californianas como Pennywise, Rancid, Bad Religion, Green Day, The Offspring e Sublime. A diferenza dalgúns destes grupos, porén, NOFX nunca asinaría cun gran selo discográfico.
NOFX leva editados once álbums de estudio, quince EPs e un feixe de sinxelos. A banda vendeu ao redor dos 6 millóns de discos en todo o mundo, sendo un dos grupos independentes máis exitosos de todos os tempos. A banda tamén ten o seu propio programa na canle Fuse TV, titulado NOFX: Backstage Passport.
A banda retirouse en outubro de 2024 despois dunha xira de despedida, pero lanzou o sinxelo "Minnesota Nazis" en xaneiro de 2026 como canción protesta.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Liberal Animation 1988 Wassail, Epitaph S&M Airlines 1989 Epitaph Ribbed 1991 Epitaph White Trash, Two Heebs and a Bean 1992 Epitaph Punk in Drublic 1994 Epitaph Heavy Petting Zoo 1996 Epitaph So Long and Thanks for All the Shoes 1997 Epitaph Pump Up the Valuum 2000 Epitaph The War on Errorism 2003 Fat Wreck Chords Wolves in Wolves' Clothing 2006 Fat Wreck Chords Coaster 2009 Fat Wreck Chords Self Entitled 2012 Fat Wreck Chords First Ditch Effort 2016 Fat Wreck Chords Single Album 2021 Fat Wreck Chords Double Album 2022 Fat Wreck Chords
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de skate punk Categoría:Grupos musicais de ska punk Categoría:Grupos musicais de hardcore melódico Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Artistas de Epitaph Records Categoría:Grupos musicais formados en 1983