A fosfatidilserina (abreviada como PS) é un fosfolípido que forma parte das membranas celulares PubChem Compound. É un fosfoglicérido, xa que está formada por un diacilglicérido (glicerina esterificada con dous ácidos graxos) esterificada no OH que queda libre por un fosfato e este polo aminoácido serina ChemSpider Phosphatidylserine. É unha molécula anfipática, xa que a parte da serina e o fosfato é polar e a parte do diacilglicérido é apolar.
Xeralmente, a fosfatidilserina mantense na capa interna ou citosólica da bicapa lipídica da membrana plasmática grazas á actuación dun encima chamado flipase. Cando unha célula sofre apoptose, a fosfatidilserina aparece nas dúas capas da membrana, polo que tamén queda exposta na superficie da célula.
Beneficios para a saúde Memoria e cognición Nos primeiros estudos sobre a fosfatidilserina, esta obtívose a partir de compoñentes do cerebro bovino; pero debido á preocupación pola encefalopatía esponxiforme bovina (mal das vacas tolas), os estudos posteriores realizáronse con fosfatidilserina obtida da soia. Os ácidos graxos contidos na fosfatidilserina de soia son diferentes dos que aparecen na de bovino. Porén, os estudos preliminares indicaron que o produto extraído da soia é polo menos tan eficaz coma o de orixe bovina.
O 13 de maio de 2003, a axencia norteamericana Food and Drug Administration (FDA) declarou que, “baseándose na súa avaliación da totalidade da evidencia científica dispoñible publicamente, a Axencia conclúe que non hai un acordo científico significativo entre expertos cualificados de que exista unha relación entre a fosfatidilserina e a redución do risco de demencia ou deterioración cognitiva”. Aínda así, a FDA deulle á fsosfatidilserina o status de substancia “pretendidamente saudable cualificada” (qualified health claim), afirmando que “o consumo de fosfatidilserina podería reducir o risgo de demencia e de disfunción cognitiva nos anciáns” e o "reducir o risco de disfunción cognitiva nos anciáns" (é dicir, hai indicios de que pode ser beneficiosa, pero non está demostrado).
Nutrición deportiva Demostrouse que a fosfatidilserina acelera a recuperación, prevén a dor muscular, mellora o benestar e pode ter propiedades ergoxénicas en ciclistas, levantadores de pesas e corredores de fondo. Informouse que a fosfatidilserina da soia, en doses de 400 mg, é un complemento eficaz para combater o estrés inducido polo exercicio ao diminuír os altos niveis de cortisol O suplemento de fosfatidilserina promove un equilibrio hormonal desexable en atletas e podería diminuír a deterioración fisiolóxica que acompaña o sobreentrenamento e/ou o sobreestiramento. Outros estudos mostran que mellora o estado de ánimo en situacións de estrés e a prestación deportiva dos golfistas.
Trastorno de hiperactividade por déficit de atención Os primeiros estudos piloto indican que o suplemento de fosfatidilserina podería ser beneficioso para os nenos que padecen o trastorno por déficit de atención con hiperactividade.
Seguridade Tradicionalmente, os suplementos de fosfatidilserina eran obtidos do córtex bovino, pero, debido á posible transferencia de enfermidades infecciosas, a fosfatidilserina obtida da soia estableceuse como unha alternativa potencialmente segura. A fosfatidilserina de soia é un suplemento nutricional para as persoas maiores en doses de 200 mg tomadas tres veces ao día. Un dato negativo é que se demostrou que a fosfatidilserina reduce a resposta inmune específica nos ratos.
Fontes dietéticas A fosfatidilserina pode encontrarse na carne, pero é máis abundante no cerebro e en órganos, como fígado e ril. Podemos encontrar fosfatidilserina en produtos lácteos ou en vexetais, con excepción dos feixóns brancos, pero só en pequenas cantidades.
Táboa 1. Cantidade atopada en diferentes alimentos. AlimentoContido de PS en mg/100 gCerebro de bovino 713Xarda do Atlántico 480Corazón de polo 414Arenque do Atlántico 360Anguía 335Vísceras (valor medio) 305Bazo de porco 239Riles de porco 218Atún 194Coxas de polo con pel e sen óso 134Fígado de polo 123Feixóns brancos 107Peituga de polo con pel 85Tenreira 72Carne de vacún 69Carne de porco 57Fígado de porco 50Coxas de pavo sen pel nin óso 50Peituga de pavo sen piel 45Cangrexo de río 40Choco 31Bacallau do Atlántico 28Anchoa 25Orxo de gran enteiro 20Pescada 17Sardiña 16Troita 14Lecitina de soia10-20Arroz (integral) 3Cenoria 2Leite de ovella 2 Leite de vaca (enteira, 3,5% graxa) 1Pataca 1
A inxesta media diaria de fosfatidilserina na dieta dos países occidentais estímase en 130 mg.
Aplicacións A anexina-A5 é unha proteína natural con grande afinidade pola fosfatidilserina. A anexina-A5 marcada permite a visualización das células ao inicio e durante o estado de apoptose in vitro ou in vivo. Outra proteína que se enlaza á fosfatidilserina é a Mfge8.
A anexina-A5 marcada con tecnecio permite distinguir entre tumores benignos e malignos, xa que a patoloxía dos malignos presenta unha alta taxa de división celular e apoptose, e a dos benignos, unha baixa taxa de apoptose.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas DrugBank info page FDA Qualified Health Claim Phosphatidylserine and Cognitive Dysfunction and Dementia
Categoría:Fosfolípidos