dereita|miniatura|200px|Hórreo. Tembra é un lugar da parroquia de Boullón no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Tiña 159 habitantes no ano 2010 segundo datos do IGE, dos cales 84 eran homes e 75 eran mulleres.

O conxunto arquitectónico, urbanístico e etnográfico de Tembra ten un interese especial pola tipoloxía das súas vivendas. Destacan os seus elementos de arquitectura tradicional: un hórreo monumental polas súas dimensións, e un cruceiro considerado exemplar único dentro do concello.

Nos altos da Faboira, a 200 metros de altitude, está o castro de Tembra, os restos dun antigo poboado castrexo.

Lugares e parroquias Lugares de Boullón

Parroquias de Brión

Véxase tamén Ligazóns externas Información da parroquia na web do Hotel Rosalía.

Categoría:Lugares de Brión