Pedrouzos é un lugar da parroquia de Brión no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Tiña 453 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE,Instituto Nacional de Estadística dos cales 223 eran homes e 230 eran mulleres.
Neste lugar está radicada a Casa do Concello de Brión. O principal patrimonio está constituído pola igrexa e a carballeira de Santa Minia. Nun recanto desta áchase unha fonte rematada por unha estatua de Hermes, custeada polo empresario nado en Pedrouzos, Vicente Ramos Rodríguez.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Brión
Parroquias de Brión
Categoría:Lugares de Brión