Vasta rexión urbanizada que coincide co área de influencia de Londres máis aló da súa área metropolitana estrita ata incluír a práctica totalidade do sueste de Inglaterra: cara ao sur ata a costa onde se estende un continuo urbano dende Brighton a Portsmouth, Southampton e Bournemouth, praias, portos e bases navais da megalópole e por ende do Reino Unido; polo sueste ata o Canal da Mancha e os seus enlaces co continente Dover e Folkestone; polo nordeste ata Ipswich Town preto do Mar do Norte; e polo norte e noroeste ata as mundialmente coñecidas cidades universitarias de Cambridge e Oxford.
Verdadeiramente, todo este impresionante sistema urbano organízase en función do seu único e dominante centro, a cidade de Londres, unha das metrópole máis importantes do mundo dende case que todos os puntos de vista: financeiro, cultural, político e comercial ademais de principal centro aeroportuario do globo.
Polo norte, ao través da área de Northampton coma charnela, cabería unir a megalópole coa Conurbación Central inglesa, co que se conformaría unha supermegalópole abarcando a case totalidade da poboación de Inglaterra. Isto confirma a realidade deste país coma un dos máis urbanizados do mundo. Inda máis, o outro lado do Canal comeza a Gran Conurbación Europea; a visión aérea nocturna de todo este continuo urbano xigantesco coñécese como a "banana dourada" (golden banana).
Megalópole de Londres:
AM Londres 13 500 000 C Brighton-Porstmouth-Southampton-Bournemouth 4 090 000 condado de Kent (metade oriental) 750.000 AM Ipswich 250.000 AM Cambridge 275.000 AM Oxford 250.000 C Northampton-Peterborough 500.000
Véxase tamén Outros artigos Historia de Londres Ligazóns externas Imaxe actualizada de satélite
Categoría:Megalópoles