"Monarchy of Roses" é un sinxelo da banda estadounidense de rock alternativo e funk rock Red Hot Chili Peppers. É o segundo sinxelo do seu álbum I'm With You, despois de "The Adventures of Rain Dance Maggie".
Vídeo musical O 4 de outubro de 2011, a banda comezou a filmación do vídeo de Monarchy of Roses. O 14 de novembro de 2011, o vídeo foi estreado en YouTube.com. Foi dirixido por Marc Klasfeld e inspirado polo debuxante Raymond Pettibon.
Lista de cancións "Monarchy of Roses" (Album Version) - 4:14 "Monarchy of Roses" (Radio Edit) - 3:43 "Monarchy of Roses" (Instrumental) – 4:12
Notas
Categoría:Sinxelos de 2011 Categoría:Cancións de Red Hot Chili Peppers