miniatura|Nora en Alxeciras, (España). miniatura|Nora de tracción animal.

Unha nora ou noria é unha máquina hidráulica que serve para extraer auga seguindo o principio do rosario hidráulico. Consiste nunha gran roda con aletas transversais que se coloca parcialmente somerxida nun curso de auga, o cal, grazas ás paletas, imprime á roda un movemento continuo. Esta posúe no seu perímetro unha fileira de recipientes (usualmente canxiróns ou alcatruces) que, co movemento da roda se enchen de auga, a elevan e a depositan nun conduto asociado á nora que a distribúe. Existen tamén noras para tirar auga de pozos, nas que o movemento se consegue xeralmente utilizando tracción animal.

Funcionamento O funcionamento consiste en que a nora se encontre semimergullada nunha canle de auga ouacequia e, coa forza da auga impulsa unhas palas de perfil plano e produce o xiro desta. Nos seus extremos leva uns caixóns ou "canxiróns" que, ao mesmo tempo, énchense de auga e, ao chegar á parte superior, soltan a auga nunha canle de recollida polo que é capaz de levantar a auga á altura do diámetro da nora.

A nora na Península Ibérica As noras son orixinarias do Oriente Medio e foron introducidas na Península Ibérica en tempos da invasión musulmá. Utilizáronse principalmente para regas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Muíño

Ligazóns externas La noria en Murcia, en laverdad.es

Categoría:Hidráulica Categoría:Arquitectura popular