Os mapuches son un grupo indíxena americano que habitan no sur-centro de Chile e no suroeste da Arxentina. Constitúen un grupo étnico composto por varios grupos que comparten unha estrutura social, relixiosa e económica comúns, así como un patrimonio lingüístico común. A súa influencia estendíase entre o río Aconcagua e o arquipélago de Chiloé, e máis tarde cara ao leste da Pampa arxentina. Os mapuches representan aproximadamente o 4% da poboación chilena,http://www.ine.cl/cd2002/sintesiscensal.pdf e están particularmente concentrados na rexión de Araucanía e en Santiago de Chile.
O termo mapuche pode referirse a todo o grupo de picunches (xente do norte), huilliches (xente do sur) e moluches ou nguluches da Araucania, ou exclusivamente ós moluches ou nguluches da Araucania. A economía tradicional mapuche baséase na agricultura, a súa organización social tradicional componse de grandes familias, baixo a dirección dun "lonko" ou xefe, aínda que en tempos de guerra, uníanse en grandes grupos e elixían un toqui (do mapudungun toki, que significa machado, ou portador do machado) para lideralos.
A pesar de que os mapuches se mesturaron cos españois durante a época colonial dando orixe a un gran grupo de mestizos na sociedade mapuche de Chile en Araucania e Patagonia, este pobo mantívose independente ata a Ocupación chilena de Araucania e a Conquista do Deserto da Arxentina no século XIX. Hoxe en día, moitas comunidades mapuches están involucradas no chamado conflito mapuche, que reivindica a defensa dos seus dereitos e a devolución das súas terras tanto na Arxentina como en Chile.
Etimoloxía miniatura|Antiga bandeira mapuche, á chegada dos españois. O nome mapuche, ou mapunche, significa na súa lingua «xente da terra» (é dicir, «nativo»), en oposición ós estranxeiros arribados dende Europa e os seus descendentes, chamados «wingka», e a quen adoptou a súa forma de vida. Nalgunhas zonas, empréganse os termos mapuche e mapunche con leves diferenzas de significado. Ata o século XVIII, tería existido entre os integrantes desta etnia a denominación reche, «xente verdadeira».
A denominación de araucanos, predominou na historiografía dende o período que abarca dende os primeiros contactos cos españois ata o século XIX, aproximadamente. Do nome «araucano» tamén deriva de Arauco, nome que para os españois tiña a terra que habitaban en forma independente, cuxa etimoloxía é incerta. "Arauco" podería derivar dunha castelanización da palabra mapuche Ragko, «auga gredosa», que os conquistadores poderían ter usado falar dos habitantes dun sitio chamado así e que logo se tería estendido a tódolos restantes pobos da área; outra teoría sería a que di que provén da palabra quechua awqa, «salvaxe» ou «rebelde», «inimigo», que sería o xeito en que os denominaban os incas; segundo os cronistas, os incas xa tiñan denominado como purumauca ás xentes que habitaba o sur do río Cachapoal, e os españois só adoptaron a denominación «auca» para referirse a eles.
Os mapuches rexeitan o uso do nome «araucano», porque lles foi imposto polos seus inimigos. Logo a palabra awka foi adoptada polos mapuches co significado de «bravo», o «indómito», «salvaxe».
Cultura miniatura|Instrumento musical mapuche No momento da chegada dos europeos, os mapuches eran quen de organizarse para crear unha rede de fortes e complexas construcións defensivas, e tamén as construcións cerimoniais, como algúns montículos recentemente descubertos preto de Purén.Dillehay, Tom, Monuments, Empires, and Resistance: The Araucanian Polity and Ritual Narratives (Cambridge University Press, Washington, 2007) Adoptaron rapidamente a metalurxia do ferro (xa dominaban o cobre)Pedro Mariño de Lobera, in Crónica del Reino de Chile, Cap. XXXI and XXXIII mentions copper points on the Mapuche pikes in the Battle of Andalien and Battle of Penco.
Copper metallurgy was flourishing in South America, particularly in Peru from around the beginning of the first millennium AD. Possibly Mapuche copper metal working was learned from the prior interaction with the Inca Empire or prior Peruvian cultures or was a native craft (copper being common in Chile)., a equitación e o emprego da cabalería na guerra dos españois, xunto co cultivo do trigo e cría de ovellas. Ó longo de 300 anos de convivencia entre as colonias españolas e as rexións autónomas mapuches relativamente ben delimitadas, os mapuches tamén desenvolveron unha forte tradición de comercio cos españois e cos chilenos.
Lingua mapuche
As linguas mapuches fálanse en Chile e en menor medida na Arxentina. Ten dúas pólas vivas: a huilliche e a mapudungun. Aínda que non relacionados directamente, hai unha influencia perceptíbel no léxico procedente da lingua quechua. Estímase que só arredor de 200.000 mapuches falan a súa lingua con fluidez, e esta só recibe un apoio simbólico no sistema educativo. Nos últimos anos comezou a ensinarse nas escolas rurais do Bío-Bío, Araucanía e da rexión de Los Lagos.
Historia Período agroalfareiro miniatura|Territorio dos mapuches no século XX. Os mapuches foron enucleándose a partir dunha serie de culturas previas, dende o Paleoindio. Algunhas das primeiras teorías situábanos aparecendo dende a actual Arxentina, abrindo unha cuña entre huilliches e picunches. Porén, outras teorías posteriores e máis avaladas propuxeron a súa orixe nos territorios de Chile. Segundo esta "teoría autoctonista", a súa cultura derivou doutras culturas amerindias autóctonas anteriores. Actualmente, a orixe dos mapuches é un asunto que aínda no está resolto.
Expansión inca miniatura|200px|Representación de Guamán Poma de Ayala sobre un enfrontamento entre un grupo de indíxenas da actual Chile (esquerda) e o capitán Apu Camac Inca. Durante o seu reinado, Túpac Inca Yupanqui realizou unha expedición que iniciou recorrendo o Collao, Cochabamba e Tucumán. De Charcas dirixiuse ó sur e conquistou ós diaguitas dos vales transversais e a parte das poboacións picunches, (grupo mapuche setentrional) que habitaban o Val de Chile (o actual val do Aconcagua ou o val do Mapocho) e algunhas comarcas situadas ó sur del, fixándose así os límites do Imperio Inca, nunha zona que convencionalmente os historiadores e a arqueoloxía estenden ata o río Maule.
O Inca Garcilaso de la Vega, no seu libro Comentarios Reales de los Incas; Alonso de Ercilla, no poema épico La Araucana e os cronistas Vicente Carvallo y Goyeneche e Jerónimo de Vivar, relatan a expedición Inca cara ao río Maule e o seu encontro cos promaucaes. Os incas someteron algúns pobos do Val de Chile quen lles pagaron tributos. Nesta campaña ó sur librouse unha guerra entre 20.000 incas de Yupanqui e 20.000 mapuches, ó sur de Maule. O subgrupo picunche coñecido como promaucaes polos españois, consciente da chegada dos Incas aliáronse cos subgrupos Antalli, Pincu e Cauqui. Os incas enviaron parlamentarios para que os promaucaes recoñecesen a Túpac Inca Yupanqui como soberano. Os incas chamaban promaucaes, purumaucas ou purum aucca ás poboaciones que non estaban sometidas polo seu imperio.
Os promaucaes decidiron dar batalla e enfrontáronse por tres días cos incas. Este suceso coñécese como Batalla del Maule.Nombrada por Francis Goicovich Videla y Osvaldo Silva Galdames en el artículo y el analisis sobre Detuvo la Batalla del Maule la expansión Inca hacia el sur de Chile? O enfrontamento produciu gran cantidade de mortos en ambos bandos, sen que ningún dos exércitos resultara vencedor. Ó cuarto día decidiron non enfrontarse. Os promaucaes retiráronse do campo de batalla cantando vitoria. Os incas avaliaron perseguilos para continuar coa batalla e asegurar o que xa conquistaran. Finalmente decidiron non tratar de continuar a conquista, senón fornecer as súas posicións e administrar os territorios xa conquistados ó norte, onde os novos pobos vasalos aceptaron de bo grado o dominio e obtiveron vantaxes del.
Aínda que a arqueoloxía non atopou evidencias de que existira unha presenza Inca ó sur do Río Maule, tamén cabe mencionar que existen algunhas crónicas españolas que indicarían que nesta expansión ou outra posterior, se produciu unha hipotética última expansión ou invasión máis ó sur, ata o río Biobío; durante o goberno de Túpac Inca Yupanqui, ou de Huayna Cápac. As crónicas mencionadas son o Informe de Miguel de Olaverría, p. 24: «Conquistaron, los peruanos, y sujetaron todos los indios que había hasta el gran río de Biobío (VIII rexión de Chile), como hoy se ve haber llegado hasta el dicho río por los fuertes que hicieron en el cerro del río Claro, donde pusieron y tuvieron frontera a los indios del estado (de Arauco) con quienes tuvieron muchas batallas»; e a crónica de Anello Oliva na súa "Historia del Perú" (publicada nunha tradución ó francés) «qu'il soumit jusqu'a la vallée d'Arauco, où il passa l'hiver, après y avoir fait construire quelques forts. Il soumit ensuite les provinces de Chillhue et de Chillcaras (que someteu ata o val de Arauco e someteu a continuación as provincias de Chillhue e de Chillcaras)». Porén, os historiadores indican que a historia das conquistas dos incas máis aló do río Maule, referida no seu conxunto, só se basean no indicado por cronistas que realizaron crónicas escritas xeralmente con pouco discernimento e que raras veces concordan entre si.
Chegada europea e guerra de Arauco
miniatura|300px|Busto do toqui Lautaro na cidade de Cañete da provincia de Arauco Chile. Décadas máis tarde, os conquistadores españois abateron ó Imperio Inca e, posteriormente, tamén intentaron someter ós mapuches, cuxa poboación se estimaba en preto de medio millón de persoas.Bengoa, José (2000) . Historia del pueblo mapuche. Siglos XIX y XX. Santiago de Chile: Lom Ediciones, pp. 20 y 22, ISBN 956-282-232-X. Porén, a resistencia dos mapuches levaría a un prolongado conflito coñecido como a Guerra de Arauco. Así, personaxes como Lautaro (destacado líder militar mapuche, feito prisioneiro de neno polos españois, sirviu a Pedro de Valdivia como paxe) e máis tarde a sublevación de Pelantaro na década de 1590, levarían a fixar a fronteira militar entre españois e mapuches no río Biobío. O desastre de Curalaba, en 1598, onde perdeu a vida o gobernador Martín Óñez de Loyola, marca a derrota das forzas coloniais en territorio mapuche.
Durante dito período inicial, a segunda metade do século XVI e a primeira do XVII, a poboación indíxena do actual Chile (estimada en preto dun millón de persoas)Bengoa, José (2000). Historia del pueblo mapuche..., pp. 19-20 viuse moi reducida, principalmente polas pestes traídas polos europeos e porque os nativos non tiñan inmunidade contra o tifo (1554-1557), que matou a trescentos mil mapuches, nin contra a varíola (1561-1563) que acabou con outros cen mil.Bengoa, José (2000). Historia del pueblo mapuche..., pp. 33 É moi probábel que ó momento do desastre de Curalaba en Chile non houbese máis de 200.000 indíxenas.Bengoa, José (2000). Historia del pueblo mapuche..., pp. 21-22
O poema épico Arauco Domado do escritor chileno Pedro de Oña, narra dende o punto de vista hispano parte da guerra contra o pobo mapuche. Asemade, a Araucana (1569, 1578 e 1589) do conquistador español Alonso de Ercilla, adicada ó rei Filipe II, é unha epopea que destaca a resistencia realizada polo pobo mapuche. Nela, Ercilla fala dos mapuches como os Araucano, como a xente que produce a rexión de Chile.
Ben está documentado pola historia que os grupos situados entre os ríos Biobío e o Toltén lograron resistir con éxito ós conquistadores españois na chamada Guerra de Arauco, unha serie de batallas e sucesos que durou uns 300 anos, con longos períodos de tregua.