Non confundir coa proteína coilina.
miniatura|dereita|Cloruro de colina. A colina é un nutriente esencial hidrosoluble.Jane Higdon. Linus Pauling Institute. Choline Choline"Choline " (An interview with Steven Zeisel, Editor-in-Chief of the Journal of Nutritional Biochemistry), Radio National Health Report with Norman Swan, Monday 17 April 2000"" Dietary Reference Intakes for Thiamin, Riboflavin, Niacin, Vitamin B6, Folate, Vitamin B12, Pantothenic Acid, Biotin, and Choline (1998), Institute of Medicine. Adoita agruparse dentro do complexo da vitamina B. Co nome colina faise referencia xeralmente á variedade de sales de amonio cuaternarios que conteñen o catión N,N,N-trimetiletanolamonio. A colina aparece na cabeza polar dos fosfolípidos fosfatidilcolina e esfingomielina, que son abundantes nas membranas celulares. A colina é a molécula precursora da acetilcolina, un neurotransmisor que está implicado en moitas funcións, entre as cales están a memoria e o control do músculo. A colina debe formar parte da nosa dieta,http://lpi.oregonstate.edu/infocenter/othernuts/choline Choline (at Linus Paulin Inst) xa que se usa na síntese de compoñentes que forman parte das membranas celulares. Son alimentos ricos en colina os ovos e os alimentos graxos.
Historia A colina descubriuna Adolph Strecker en 1864 e sintetizouse quimicamente en 1866. Nos Estados Unidos en 1998 a colina foi clasificada como un nutriente esencial polo “Food and nutrition Board” Jan Krzysztof Blusztajn. Choline, a Vital Amine. Science 7 August 1998: Vol. 281 no. 5378 pp. 794-795 DOI: 10.1126/science.281.5378.794 Choline A importancia da colina como nutriente foi observada inicialmente en investigacións sobre a insulina, nas cales se descubriu que a colina é un nutriente que prevén o fígado graxo. En 1975 os científicos descubriron que a administración de colina aumentaba a síntese e liberación de acetilcolina polas neuronas. Hoxe sábese que a colina é un nutriente dietético importante para que as células funcionen de maneira normal. Os humanos necesitan colina na súa dieta, xa que esta é indispensable para a síntese de compoñentes esenciais das membranas e é unha fonte importante de grupos metilo.
Química miniatura|dereita|Hidróxido de colina. miniatura|300px|dereita|Metabolismo da colina.
A colina é un composto de amonio cuaternario (ás veces denominado amina cuaternaria, aínda que non é o máis correcto), cuxa fórmula química é [(CH3)3N+CH2CH2OH]X-, onde X− é un contraión como o cloruro, hidroxilo ou tartarato. O sal salicilato de colina tense usado para o alivio da dor de úlceras bucais.
Hidróxido de colina O hidróxido de colina é un tipo de catalizador por transferencia de fase (PTC) que se usa para transportar o ión hidroxilo a sistemas orgánicos, e, por tanto, considérase unha base forte. É o catalizador por transferencia de fase menos custoso. O hidróxido de colina non é completamente estable e degrádase lentamente dando lugar a trimetilamina.
Funcións en humanos A colina e os seus metabolitos son necesarios para varias funcións fisiolóxicas importantes : Integridade estrutural das membranas celulares, xa que forma parte dos fosfolípidos de membrana. Funcións de sinalización celular. Lípidos que conteñen colina participan nestas funcións, como os diglicéridos, ceramidas, factor activador das plaquetas, e outros. Síntese de neurotransmisores colinérxicos (síntese de acetilcolina). Fonte moi importante de grupos metilo (-CH3) grazas ao seu metabolito, trimetilglicina (betaína), o cal participa, por exemplo, na síntese de metionina. Transporte de lípidos en lipoproteínas, nas cales a fosfatidilcolina é un compoñente importante.
A colina nos alimentos O consumo adecuado de colina é 425 mg (miligramos) por día en mulleres adultas; o valor aumenta para as mulleres embarazadas e que están aleitando. O consumo recomendado para homes adultos é de 50 mg por día. Os requisitos para nenos e adolescentes son diferentes. Alimentos animais e vexetais Colina (mg) Calorías 142 g de fígado de tenreira cru 473 192Entry for "Beef, variety meats and by-products, liver, raw" in the USDA Nutrients database Ovo duro grande 113 78Entry for one large "Egg, whole, cooked, hard-boiled" in the USDA Nutrients database 227 g de bacallau 190 238Entry for "Fish, cod, Atlantic, cooked, dry heat" in the USDA Nutrients database 227 g de polo 149 270Entry for "Milk, lowfat, fluid, 1% milkfat, with added vitamin A and vitamin D" in the USDA Nutrients database 1/4 L de leite co 1% de graxa 173 410 Unha cullerada (8 g) de lecitina de soia 250 approx. 60 454 g de coliflor 177 104Entry for "Cauliflower, cooked, boiled, drained, with salt" in the USDA Nutrients database 454 g de espinacas 113 154Entry for "Spinach, frozen, chopped or leaf, cooked, boiled, drained, without salt" in the USDA Nutrients database Unha cunca de xerme de trigo 202 432Entry for "Cereals ready-to-eat, wheat germ, toasted, plain" in the USDA Nutrients database Dúas cuncas (0,47 litros) de tofu firme 142 353Entry for "Tofu, firm, prepared with calcium sulfate and magnesium chloride (nigari) (1)" in the USDA Nutrients database Dúas cuncas de feixóns vermellos cocidos 108 450.Entry for "Beans, kidney, all types, mature seeds, cooked, boiled, without salt" in the USDA Nutrients database Unha cunca de quínoa crúa 119 626.Entry for "Quinoa, uncooked" in the USDA Nutrients database Unha cunca de amarantes crus 135 716Entry for "Amaranth, uncooked" in the USDA Nutrients database Un pomelo 19 103Entry for "Grapefruit, raw, pink and red, all areas" in the USDA Nutrients database Tres cuncas (710 cm3) de arroz integral cocido 54 649Entry for "Rice, brown, long-grain, cooked" in the USDA Nutrients database Unha cunca (146 g) de cacahuetes 77 828Entry for "Peanuts, all types, raw" in the USDA Nutrients database Unha caixa (143 g) de améndoas 74 822Entry for 1 cup whole "Nuts, almonds" in the USDA Nutrients database
Ademais da mencionada coliflor, outras plantas crucíferas son unha fonte de colina.
A sinapina é unha amina alcaloide descuberta na semente da mostaza negra. Considérse un éster de colina do ácido sináptico.Metabolism of Sinapine in Mustard Plants. I. Degradation of Sinapine into Sinapic Acid & Choline. Alexander Tzagoloff, Plant Physiol. 1963 March; 38(2), pp. 202–206
Poden obterse os contidos de colina noutros alimentos en Internet en USDA Nutrients Database Choline Content of Common Foods .
Cantidade de colina recomendada en mmol/día O termo medio de colina recomendado na dieta dun adulto, está entre 7 e 10 mmol ao día. Un neno pequeno consome unha gran cantidade de colina do leite materno, que contén 1,5 mmol de colina por litro. Un bebé pode consumir aproximadamente 750 μmol de colina. A demanda de colina nun adulto normal é probable que sexa menor ca a dos bebés debido a que estes necesitan a colina para desenvolver os seus órganos na fase de crecemento, especialmente o cerebro.
Efectos sobre a saúde
A deficiencia de colina pode provocar enfermidades hepáticas, arteriosclerose e posiblemente trastornos neurolóxicos. Un síntoma da deficiencia en colina é un elevado nivel do encima ALT hepático. Os indicios máis comúns de deficiencias de colina son, por exemplo, trastornos no fígado e necrose hemorráxica renal. Unha dieta que conteña alimentos ricos en colina pode reducir a gravidade da deficiencia. Unha dieta baixa en colina pode tamén causar infertilidade, deterioración do crecemento, anormalidades nos ósos e hipertensión.
Un estudo descubriu que unha dieta alta en colina pouco antes e despois da concepción estaba asociada a un menor risco de defectos no tubo neural do bebé. Como o consumo baixo en colina causa un nivel de homocisteína elevado, esta eleva o risco de preeclampsia, nacemento prematuro e baixo peso ao nacer. Aínda que algúns estudos atoparon que as mulleres con dietas ricas en colina teñen menor risco de sufrir cancro de mama, outros estudos descubriron que no había asociación.
Hai evidencias para afirmar que a colina é un antiinflamatorio. No estudo AATICA, un consumo alto de colina asociouse a niveis baixos de marcadores inflamatorios. Un pequeno estudo descubriu que os complementos de colina reducían os síntomas de rinite alérxica. Malia a súa importancia no sistema nervioso central como precursor do neurotransmisor acetilcolina e de fosfatidilcolina de membrana, o papel da colina en enfermidades mentais foi pouco estudado. Nun estudo feito sobre unha gran poboación, os niveis en sangue de colina estaban inversamente correlacionados con síntomas de ansiedade en persoas entre 46 e 49 anos e 70 e 74 anos. Porén, non se observou que houbese correlación entre a depresión e os niveis de colina neste estudo.
Síndrome do cheiro a peixe A colina é un precursor da trimetilamina, a cal moitas persoas non poden descompoñer debido a un trastorno xenético chamado trimetilaminuria. As persoas que sofren este trastorno pode ser que despidan un forte cheiro desagradable ou a peixe, debido a que o seu corpo libera cheiros a trimetilamina. O olor pode darse mesmo tendo unha dieta normal, con niveis de colina non moi altos. Ás persoas con trimetilaminuria aconséllaselles restrinxir o consumo de alimentos ricos en colina, xa que isto pode axudar a reducir o cheiro corporal .
Usos farmacéuticos A colina úsase para tratar enfermidades hepáticas, o Alzheimer e enfermidades bipolares. Algúns estudos demostran que a colina tamén pode ser efectiva para tratar a hepatite, o glaucoma, a ateroesclerose, e, posiblemente, trastornos neurolóxicos. Tamén se comprobou que a colina ten un efecto positivo en persoas con alcoholismo.
Xestación e lactación A colina pode obterse a partir da metilación de fosfatidiletanolamina para formar fosfatidilcolina no fígado, ou tamén a través da dieta. Demostrouse que as dúas vías son necesarias, xa que unha falta de colina pode provocar danos severos no fígado e nos músculos. Hai que salientar que a vía de actuación da colina é moi complexa, xa que interveñen outros elementos como o folato, a metionina ou a vitamina B12. A colina encóntrase nos alimentos de forma libre ou esterificada. Unha das formas de colina máis utilizadas polo corpo humano son as formas liposolubles; é o caso da fosfatidilcolina. Durante o embarazo e a lactación, a demanda de colina aumenta drasticamente. A síntese de colina pódese aumentar incrementado os niveis de estróxenos que sinalizan a produción de colina a partir da metilación de fosfolípidos. Neste período, os niveis de reserva de colina van diminuíndo. Durante o embarazo a colina acumúlase na placenta, maioritariamente en forma de acetilcolina. Por iso, o feto está exposto a unha concentración moi alta de colina. No líquido amniótico a concentración de colina pode ser dez veces superior ao nivel que se encontra no sangue materno. Esta alta concentración de colina permite que estea dispoñible para os tecidos do feto.
Función no feto